O 13 de agosto é o 225º día do ano do calendario gregoriano e o 226º nos anos bisestos. Quedan 140 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1521 - Hernán Cortés recibe o título de gobernador de Nova España (dominios españois en Norteamérica). 1882 - A posta en escena na Coruña da obra A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia, constitúe a primeira representación teatral en galego da que hai noticia. 1898 - Auguste Honoré Charlois, dende Niza, e por Gustav Witt dende Berlín descobren o asteroide 433 Eros. 1905 - En plebiscito decidese a separación de Noruega e Suecia 1913 - Harry Brearley produce por primeira vez aceiro inoxidábel. 1961 - Iníciase a construción do Muro de Berlín separando a Alemaña Oriental da Alemaña Occidental 2001 - Matthew J. Holman, John J. Kavelaars, Dan Milisavljevic, e Brett J. Gladman descobren Ferdinando e Trínculo, dúas pequenas lúas do planeta Urano. O descubrimento de Ferdinando sería confirmado no ano 2003, mentres que ó de Trínculo sería confirmado no ano 2002. Matthew J. Holman, Brett J. Gladman e algúns colaboradores de ambos descubriron ese mesmo día a lúa Francisco (tamén de pertencente a Urano), este descubrimento sería confirmado no 2003. 2002 - M. Holman, J.J. Kavelaars, T. Grav, W. Fraser e D. Milisavljevic descobren a lúa do planeta Neptuno, Laomedeia.

Nacementos miniatura|100px|Alfred Hitchcock. 1814 - Anders Jonas Ångström, astrónomo sueco (m. 1874). 1819 - George Gabriel Stokes, matemático e físico irlandés (m. 1903). 1871 - Víctor Said Armesto, escritor e catedrático galego (m. 1914). 1872 - Richard Willstätter, químico alemán, Premio Nobel (m. 1942). 1888 - John Logie Baird, inventor escocés da televisión (m. 1946). 1899 - Alfred Hitchcock, cineasta británico (m. 1980). 1912 - Salvador Luria, biólogo italiano, Premio Nobel (m. 1991). 1913 - Makarios III, arcebispo e presidente de Chipre (m. 1977). 1918 - Frederick Sanger, químico británico, Premio Nobel. 1926 - Fidel Castro, primeiro ministro de Cuba dende 1961. 1967 - Amélie Nothomb, escritora belga.

Mortes miniatura|100px|Eugène Delacroix. 1856 - José María Estrada, presidente de Nicaragua (n. 1802). 1863 - Eugène Delacroix, pintor francés (n. 1798). 1912 - Jules Massenet, compositor francés (n. 1842). 1917 - Eduard Buchner, químico alemán, Premio Nobel (n. 1860). 1936 - Camilo Palmeiro Fernández, mestre e político galego. 1946 - H. G. Wells, escritor británico (n. 1868). 1952 - Wilm Hosenfeld, oficial alemán da Wehrmacht (n. 1895). 1990 - Bibiano Fernández Osorio-Tafall, científico galego (n. 1902). 1996 - António de Spínola, presidente de Portugal (n. 1910). 1998 - Julien Green, escritor estadounidense (n. 1900). 2005 - David Lange, primeiro ministro de Nova Zelandia (n. 1942). 2017 - Basilio Martín Patino, director de cine español (n. 1930).

Festas e celebracións Día Internacional das Persoas Zurdas

Outros Santoral: San Ponciano e Santo Hipólito.

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Agosto