Neil Alden Armstrong, nado en Wapakoneta, Ohio o 5 de agosto de 1930 e finado o 25 de agosto de 2012"Fallece el astronauta Neil Armstrong, primer hombre que pisó la Luna", rtve.es. foi un astronauta estadounidense e o primeiro home en pisar a Lúa, o 20 de xullo de 1969. Foi tamén enxeñeiro aeroespacial, aviador naval, piloto de probas e profesor universitario. Antes de converterse en astronauta, Armstrong foi oficial na U.S. Navy e serviu na Guerra de Corea. Despois da guerra, graduouse na Purdue University e traballou como piloto de probas na National Advisory Committee for Aeronautics High-Speed Flight Station, agora coñecido como Dryden Flight Research Center, onde realizou ao redor de 900 voos. Posteriormente completou estudos de grao na University of Southern California.

Participou nos programas de voos espaciais humanos da U.S. Air Force Man in Space Soonest e X-20 Dyna-Soar, e uniuse ao corpo de astronautas da NASA en 1962. Realizou o seu primeiro voo espacial, como piloto ao mando da Gemini 8, en 1966, converténdose no primeiro piloto civil da NASA en voar ao espazo. Nesa misión realizou o primeiro acoplamento de dúas naves espaciais, co piloto David Scott.

O segundo e derradeiro voo espacial de Armstrong foi como comandante de misión do Apollo 11, que aterrou na Lúa en xullo de 1969. Nesta misión, Armstrong e Buzz Aldrin descenderon á superficie lunar e pasaron dúas horas e media explorándoa, mentres Michael Collins permanecía na órbita do satélite no módulo de mando. Xunto con Collins e Aldrin, Armstrong foi galardoado coa Medalla Presidencial da Liberdade polo presidente Richard Nixon, o presidente Jimmy Carter outorgoulle a Medalla de Honra do Espazo do Congreso en 1978, e el e os seus compañeiros recibiron a Medalla de Ouro do Congreso en 2009.

Armstrong morre en Cincinnati, Ohio, o 25 de agosto de 2012, á idade de 82 anos, tras complicacións por unha operación de bypass nunha arteria coronaria.

Traxectoria miniatura|dereita|Neil Armstrong. Primeiros anos Neil Armstrong naceu o 5 de agosto de 1930 en Wapakoneta, Ohio. Seus pais eran Stephen Koenig Armstrong, que traballaba como auditor para o goberno de Ohio, e Viola Louise Engel. Neil tiña dous irmáns máis novos, June e Dean. Debido ao traballo do pai, a familia moveuse por todo o estado chegando a vivir en 20 localidades. O amor de Neil por voar medrou durante ese tempo, despois de iniciarse a unha idade temperá cando seu pai o levou con dous anos á Cleveland Air Races. Aos cinco anos tivo a súa primeira experiencia cun avión en Warren, Ohio, cando o 20 de xullo de 1936 el e o seu pai deron un paseo a bordo dun Ford Trimotor.

O último traslado do pai foi en 1944, de volta ao lugar de nacemento de Neil. Armstrong asistiu ao Blume High School e recibiu clases de voo no aeroporto do condado. Conseguiu o seu certificado de voo aos 15 anos, antes de ter o carné de conducir. Armstrong estivo nos Boy Scouts e gañou o rango de Eagle Scout. De adulto foi recoñecido polos Boy Scouts of America cos seus premios Distinguished Eagle Scout Award e Silver Buffalo Award, e o 18 de xullo de 1969, mentres voaba cara a Lúa, Armstrong saudou aos Scouts que esa semana celebraban un Jamboree no Farragut State Park de Idaho. Entre as poucas pertenzas persoais que Armstrong levou con el nesa viaxe estaba unha insignia dos Scouts.

En 1947, aos 17 anos, Armstrong comezou a estudar enxeñería aeronáutica na Purdue University. Foi a segunda persoa da súa familia en ir á universidade. Tamén foi aceptado no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). O único enxeñeiro que coñecía (que estudara no MIT) disuadiuno de asistir, dicíndolle que non era necesario ir a Cambridge, Massachusetts, para ter unha boa educación.

A súa matrícula universitaria foi pagada polo plan Holloway: os solicitantes deste plan comprometíanse a dous anos de estudo seguidos por tres anos de servizo na Mariña, e finalmente dous anos máis para completar o grao. Graduouse en enxeñería aeronáutica en 1955.

Servizo na Mariña Armstrong foi chamado a filas o 26 de xaneiro de 1949, e foi destinado á base naval de Pensacola para adestrarse como piloto aos 18 anos. Adestrouse durante ano e medio e o 16 de agosto de 1950, con 20 anos, foi informado por carta de que xa era un aviador naval completo.

A súa primeira asignación foi o Fleet Aircraft Service Squadron 7, na base naval de San Diego. Dous meses despois foi asignado ao Fighter Squadron 51 (VF-51), formado enteiramente por cazas a reacción, e realizou o seu primeiro voo nun avión deste tipo, un F9F-2B Panther, o 5 de xaneiro de 1951. En xuño fixo a súa primeira aterraxe cun reactor no USS Essex e foi promovido esa mesma semana de Midshipman a Ensign. Cara finais do mes, o Essex levantara áncora co VF-51 a bordo cara Corea, onde actuarían como avións de ataque a terra.

Armstrong realizou a súa primeira misión na Guerra de Corea o 29 de agosto de 1951, como escolta dun avión de fotorecoñecemento sobre Songjin. Cinco días despois, o 3 de setembro, realizou un voo de recoñecemento armado sobre as instalacións de transporte e almacenamento ao sur da vila de Majon-ni, ao oeste de Wonsan. Mentres realizaba un bombardeo a baixa altura a uns 560 km/h, o F9F Panther de Armstrong foi golpeado por fogo antiaéreo. Ao tratar de recuperar o control impactou cun poste duns 6 metros de altura, que cortou preto dun metro da súa á dereita. Armstrong conseguiu regresar a territorio amigo, pero debido á perda de parte da á tivo que exectarse do avión. Pensou facelo sobre a auga e agardar a ser rescatado por helicópteros da Mariña, polo que voou cara a un aeródromo preto de Pohang, pero o seu asento caeu sobre terra.

Armstrong realizou 78 misións en Corea, contabilizando un total de 121 horas de voo, a meirande parte delas en xaneiro de 1952. Recibiu a Air Medal por 20 misións de combate, a Gold Star polas 20 seguintes, e a Korean Service Medal e a Engagement Star. Armstrong deixou a Mariña o 23 de agosto de 1952, cando tiña 22 anos, e converteuse en Tenente da Reserva Naval. Permaneceu na reserva durante oito anos e renunciou ao seu cargo o 21 de outubro de 1960.

Como piloto de investigación, Armstrong voou nas probas das variantes A e C do F-100 Super Sabre, no F-101 Voodoo e no Lockheed F-104A Starfighter. Tamén voou nos Bell X-1B, Bell X-5, North American X-15, F-105 Thunderchief, F-106 Delta Dart, B-47 Stratojet, KC-135 Stratotanker, e foi un dos oito pilotos de elite que participaron no programa do vehículo parapente de investigación Paresev.

Anos universitarios Tralo seu servizo na Mariña Armstrong regresou a Purdue e alí graduouse como enxeñeiro aeronáutico en 1955. As súas cualificacións serían de 4,8 sobe 6. Após o seu regreso coñeceu a Janet Elizabeth Shearon, que estaba estudando economía doméstica. Os dous casarían o 28 de xaneiro de 1956 en Wilmette, Illinois. Cando el se trasladou á base da Forza Aérea de Edwards viviu nos cuartos da base, mentres que Janet vivía no distrito de Westwood, na cidade dos Ánxeles. Tras un semestre mudáronse a unha casa en Antelope Valley. Janet nunca remataría os seus estudos. miniatura|225px|Armstrong aos 26 anos A parella tivo tres fillos: Eric, Karen e Mark. En xuño de 1961 a Karen diagnosticóuselle un tumor maligno na parte media do seu tronco cerebral; o tratamento con raios X ralentizou o seu crecemento, pero a súa saúde deteriorouse ata o punto de que deixou de andar e falar. Karen morreu con dous anos de idade debido a unha pneumonía, por mor da súa débil saúde.

Armstrong posteriormente completaría un máster en enxeñaría aeronáutica na University of Southern California.

Piloto de probas Despois de graduarse en Purdue, Armstrong decidiu converterse en piloto de probas. Solicitou entrar no National Advisory Committee for Aeronautics (NACA) na base da Forza Aérea de Edwards; aínda que non se ofrecían prazas, fixeron chegar a súa petición ao Lewis Flight Propulsion Laboratory en Cleveland, onde Armstrong comezou a traballar no Lewis Field en marzo de 1955. Armstrong estivo alí un par de meses, e cara xullo de 1955 regresou a Edwards para o seu novo traballo.

No seu primeiro día en Edwards, Armstrong realizou as súas primeiras tarefas, que foron pilotar avións de persecución durante lanzamentos de aeroplanos experimentais dende bombardeiros modificados. Tamén voou nos bombardeiros modificados, e nunha desas misións tivo o seu primeiro incidente en Edwards.

O 22 de marzo de 1956 Armstrong estaba nun Boeing B-29 Superfortress, que ía soltar no aire a un Douglas D-558-2 Skyrocket. Estaba sentado no asento do copiloto, mentres que no asento de piloto estaba Stan Butchart. Cando ascendían a 30.000 pés, o motor número 4 parou e a hélice comezou a xirar libremente pola corrente de aire. Ao premer o interruptor que debería parar a hélice, Butchart viu que esta se desaceleraba pero entón comezou a xirar novamente, desta vez incluso máis rápido que os outros motores; se rotaba demasiado rápido podía romperse. O avión tiña que manterse a unha velocidade de 338 km/h para lanzar ao Skyrocket, e o B-29 non podía aterrar con el. Armstrong e Butchart colocaron o avión mirando cara a abaixo para aumentar a súa velocidade e lanzaron o Skyrocket. No momento do lanzamento, a hélice do motor 4 desintegrouse. Algunhas pezas danaron o motor número 3 e golpearon ao 2. Butchart e Armstrong víronse forzados a apagar o motor 3 debido ao dano, e o número 1 polo par torsión creado. Realizaron un lento descenso en círculo dende os 30.000 pés usando só o motor número 2 e aterraron con seguridade.

O primeiro voo de Armstrong nun avión-foguete foi o 15 de agosto de 1957, no Bell X-1B, a unha altitude de 18,3 km. O tren de aterraxe dianteiro do avión rompeu ao tomar terra, algo que pasara unha ducia de veces en voos previos do Bell X-1B debido ao deseño do avión. Posteriormente voaría no North American X-15 sete veces; no seu penúltimo voo acadaría unha altura de 63,2 kmHansen 2005 pp. 145.

Armstrong viuse involucrado en varios incidentes que pasaron a formar parte das lendas de Edwards e foron narrados nas memorias dos seus colegas. O primeiro ocorreu durante o seu sexto voo co X-15, o día 20 de abril de 1962, mentres Armstrong probaba un sistema de control auto-axustable. Estaba voando a unha altura duns 63 km, pero o morro do avión atrasouse demasiado tempo durante o descenso e o X-15 foi rebotado fóra da atmosfera novamente a uns 43 km. A esa altura o aire é demasiado delgado polo que as superficies aerodinámicas case non teñen efecto. Superou a pista de aterraxe a velocidade Mach 3 a uns 30 km de altura e rematou a 64 km ao sur de Edwards. Despois de descender o suficiente xirou para regresar á zona de aterraxe, e a piques estivo de impactar coas árbores no extremo sur da pista. Este sería o voo máis longo dun X-15 tanto en tempo como en distancia á pista de aterraxeHansen 2005 pp. 178-184.

Catro días despois Armstrong estivo involucrado nun segundo incidente, a única vez que voou con Chuck Yeager. A súa tarefa, voando nun Lockheed T-33 Shooting Star, era avaliar o uso do lago seco Smith Ranch como un lugar para aterraxes de emerxencia para o X-15. Na súa autobiografía, Yeager escribiu que sabía que o leito do lago non era axeitado para aterraxes tras as últimas choivas, pero Armstrong insistiu en voar de todos os xeitos. Cando intentaron unha aterraxe breve -tan só pousar o aparato sen deterse e elevarse de novo-, as rodas atascáronse e tiveron que agardar polo rescate. Armstrong conta unha versión diferente dos eventos e di que Yeager nunca tratou de convencelo do contrario e realizaron unha primeira aterraxe exitosa no lado leste do lago. Entón Yeager díxolle de intentalo novamente, desta vez un pouco máis lento. Na segunda aterraxe, quedaron atascados e segundo Armstrong, a Yeager entroulle un ataque de risaHansen 2005 pp. 184-189.