O 16 de abril é o 106º día do ano do calendario gregoriano (107º nos anos bisestos). Quedan 259 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1061 - Pedro Díaz e Muño Vandilaz casan en Rairiz de Veiga no primeiro casamento entre persoas do mesmo sexo (adelphopoiesis) coñecido en Galiza. 1581 - Filipe II de España é proclamado rei de Portugal baixo o nome de Filipe I, no mosteiro de Tomar, tras a conquista polas tropas españolas. 1917 - Vladimir Lenin retorna do exilio a Petrogrado (actual San Petersburgo). 1919 - Gandhi anuncia un día de "oración e xaxún" en resposta á Matanza de Amritsar, na India. 1938 - Crime do Candedo. No lugar do Candedo (Ourol), falanxistas e gardas civís matan a Felicitas Casabella Fernández, á súa irmá María Josefa Casabella Fernández e a súa filla Encarna Casabella, de trece anos de idade. 1993 - Comeza a emitir a Radio Municipal de Tui.
Nacementos miniatura|100px|Charlie Chaplin. 1838 - Ernest Solvay, químico industrial belga (m. 1922). 1844 - Anatole France, escritor francés. 1871 - John Millington Synge, escritor irlandés. 1889 - Charlie Chaplin, actor e director de cine británico. 1896 - Tristán Tzara, escritor francés de orixe romanesa. 1902 - Luís Casas Pasarín, futbolista galego (m. 1986). 1919 - Emilio Álvarez Blázquez, escritor e editor galego (m. 1988). 1924 - Henri Mancini, compositor. 1927 - Bieito XVI, papa da Igrexa Católica. 1932 - Olimpio Liste, mestre e etnógrafo galego. 1933 - Daniel García Ramos, xurista galego (m. 1998). 1938 - Xaime Rei, político galego. 1940 - Margarida II, raíña dinamarquesa. 1947 - Gerry Rafferty, músico británico. 1947 - Kina Fernández, deseñadora de moda galega. 1956 - Xosé Benito Reza, enxeñeiro de montes e escritor galego. 1971 - Selena, cantante mexicano-estadounidense texana.
Mortes miniatura|100px|Alexis de Tocqueville. 1788 - Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, naturalista, matemático e escritor francés. 1828 - Francisco de Goya, pintor español. 1859 - Alexis de Tocqueville, pensador, político e historiador francés. 1930 - José Carlos Mariátegui, escritor e pensador político peruano (n. 1894). 1937 - Jesús Castaño Galdo, político galego (n. 1903). 1938 - María Josefa Casabella Fernández e Felicitas Casabella Fernández, labregas galegas asasinadas por falanxistas en Ourol. 1941 - Émile Bernard, pintor francés (n. 1868). 1958 - Rosalind Franklin, bióloga inglesa. 1966 - Leopoldo García Durán, avogado e político galego (n. 1882). 1972 - Yasunari Kawabata, escritor xaponés, premio Nobel de Literatura en 1968. 1980 - Alf Sjöberg, director de cine e teatro sueco (n. 1903). 1990 - Anne Philipe, escritora francesa. 1995 - Xosé Landeira Yrago, xornalista e escritor galego (n. 1922). 1998 - Saloth Sar, máis coñecido coma Pol Pot, líder dos Khmer vermellos. 2002 - Juan Oliveira Viéitez, escultor galego.
Festas e celebracións Día Internacional contra a escravitude infantil Día Mundial da Voz
Santoral Na Igrexa católica: Santa Bernadeta Sobirós. San Bieito Xosé Labro. Santos Caio e Cremencio. San Contardo de Este. San Drogo de Sebourg. Santa Engracia de Zaragoza. San Froitoso de Braga. San Leónidas e compañeiras Carisa, Galina, Teodora, Nica, Nunencia, Calis e Basilisa. San Magno de Escocia. Santo Ontato e compañeiros Luperco, Suceso, Marcial, Urbano, Xulia, Quintiliano, Publio, Fronto, Fiz, Ceciliano, Evodio, Primitivo e catro máis que levaban o nome de Sadorniño. San Toribio de Astorga. Beato Arcanxo Canetoli. Beato Gaspar Miguel Suma. Beato Hugo de Matapalana. Beatos Pedro Delépine, Xoán Menard e 24 compañeiros mártires. Beato Xoaquín Piccolomini.
Na Comuñón anglicana: Isabella Gilmore.
Notas
Véxase tamén Os 366 días do ano
Categoría:Abril