O 15 de maio é o 135º día do ano do calendario gregoriano e o 136º nos anos bisestos. Quedan 230 días para finalizar o ano.
Acontecementos 977 - Visclávara Vistrariz funda o Mosteiro de San Martiño de Xuvia. 1252- O papa Inocencio IV fai pública a bula papal ad extirpanda, na que se autoriza, con algúns límites, a tortura de herexes a cargo da Inquisición. 1918 - Termina a Guerra Civil en Finlandia 1891 - O papa León XIII publica a encíclica Rerum Novarum 1896 - Realízase a primeira proxección pública do cinematógrafo de Lumière, no hotel Rusia, en Madrid Calendario 2014 MUNCYT..
Nacementos miniatura|100px|Claudio Monteverdi. 1567 - Claudio Monteverdi, compositor italiano (m. 1634). 1689 - Mary Wortley Montagu, aristócrata e escritora británica (m. 1762). 1848 - Carl Wernicke, médico e anatomista alemán (m. 1905). 1857 - Williamina Fleming, astrónoma estadounidense de orixe escocesa (m. 1911). 1859 - Pierre Curie, físico francés (m. 1906). 1867 - Eoin MacNeill, historiador e político irlandés (m. 1945). 1888 - José María Sánchez Brea, escritor e xornalista galego (m. 1949).
1902 - Ramiro Díaz Baliño, siluetista galego (m. 1972).
1906 - Humberto Delgado, militar portugués (m. 1965). 1911 - José de Castro Arines, crítico de arte galego (m. 1997). 1915 - Paul Samuelson, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía. 1926 - Peter Shaffer, dramaturgo inglés. 1930 - Jasper Johns, pintor, escultor e artista gráfico estadounidense. 1937 - Trini López, cantante estadounidense. 1941 - José Antonio Durán, escritor e investigador. 1948 - Brian Eno, músico e produtor musical británico. 1951 - Frank Wilczek, físico estadounidense, Premio Nobel de Física 1953 - Mike Oldfield, multi-instrumentista e compositor inglés. 1953 - Luis Gregorio Ramos Misioné, piraguista e medallista olímpico galego. 1961 - Fátima Rodríguez, escritora e tradutora galega. 1965 - Raí, futbolista brasileiro.
Mortes miniatura|100px|Kasimir Malevich. 1634 - Hendrick Avercamp, pintor holandés (n. 1585). 1786 - Eva Ekeblad, agrónoma e científica sueca (n. 1724). 1886 - Emily Dickinson, poeta estadounidense (n. 1830). 1924 - Francisco Tettamancy Gastón, escritor galego (n. 1854). 1924 - Paul-Henri-Benjamin d'Estournelles de Constant, diplomático francés, Premio Nobel da Paz (n. 1852). 1935 - Kasimir Malevich, pintor ruso precursor da Arte moderna. 1945 - Manuel del Río Botana, guerrilleiro antifranquista. 1966 - Venceslau Braz, presidente do Brasil (n. 1868). 1967 - Edward Hopper, pintor estadounidense (n. 1882). 1978 - Robert Menzies, primeiro ministro de Australia (n. 1894). 2012 - Carlos Fuentes, escritor mexicano (n. 1928). 2017 - Karl-Otto Apel, filósofo alemán (n. 1922). 2017 - Javier Valdez, xornalista mexicano asasinado no estado de Sinaloa (n. 1967). 2018 - Tom Wolfe, xornalista e scritor norteamericano (n. 1931).
Festas e celebracións Día Internacional das Familias
Outros
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Maio