Arturo Baltar Santos, nado en Quintás da Barra (Coles) en 1924 e finado en Cachamuíña (O Pereiro de Aguiar) o 18 de decembro de 2017López, Belén: "Fallece el escultor Arturo Baltar" Faro de Vigo, 19/12/2017., foi un escultor galego.

Traxectoria miniatura|250px|Museo do belén de Arturo Baltar. Ourense. Autor de esculturas sobre arxila, comezou modelando pequenas pezas ou conxuntos delas, anticipo dos complexos retablos que había de realizar máis tarde, con escenas imaxinarias ou vividas, relixiosas ou profanas. Peregrinos, esmoleiros, cantores de "panxoliñas", son o seu mundo. A súa escenografía policromada, en beléns, boticas, tabernas, altares etc. foi a súa obra máis característica, entre a que destaca o belén de Baltar, conxunto de figuras de temática de Nadal que continúa en proceso de creación ao longo dos anos. Está representado en museos de toda Galiza e en importantes coleccións institucionais e particulares.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Trabazo, Luís: Pedra, barro, bronce. Ourense, Inst. de Estudos Ourensáns, 1978. Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981. Pablos, Francisco: Catálogo Exposición antolóxica. Vigo, 1992.

Ligazóns externas Arturo Baltar na Colección Afundación.

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Coles Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes