Acontecementos Asia O xa de Persia, Sapor II, realiza campañas en Armenia e Mesopotamia (355-356).
Europa 11 de agosto - Sublevación na Galia: Claudio Silvano proclámase emperador de Roma. A súa tentativa apenas durará vinte e oito días, ao ser derrotado e morto polo xeneral Ursicino. Os francos asedian Colonia, nas proximidades do limes xermánico. Os alamáns saquean cidades da Galia oriental como Lens, Autun e Troyes, instalándose na actual rexión de Alsacia. 6 de novembro - O emperador romano Constancio II, ante a gravidade suscitada polas rebelións internas e as ameazas dos pobos xermanos, nomea, en Mediolanum (Milán), césar a Xuliano, medio irmán do co-emperador Treboniano Galo. 1 de decembro - Xuliano inicia unha campaña na Galia, atacando a francos e alamáns e liberando as cidades damnificadas. Decembro - O papa Liberio é desterrado a Tracia por negarse a sancionar os acordos arianos do recente sínodo de Milán. Constancio II nomea a Fiz II para substituílo. Leis imperiais conceden que os bispos cristiáns só poderán ser xulgados por tribunais eclesiásticos, subtraéndoos da xurisdición ordinaria.
Nacementos
Mortes 7 de setembro - Claudio Silvano, usurpador imperial romano, executado.
Outros
Historia ano a ano
Categoría:355