miniatura Bullying é un termo de orixe inglesa utilizado para describir actos de violencia física ou psicolóxica, intencionais e repetidos, practicados por un individuo (bully) ou grupo de individuos co obxectivo de intimidar ou agredir outro individuo (ou grupo de individuos).
Características do bullying miniatura|Sinónimos O científico noruegués Dan Owelus define bullying como un comportamento que inclúe tres aspectos esenciais: É un comportamento agresivo que implica accións negativas e non desexadas. Implica tamén un patrón de conduta repetitivo. Supón un desequilibrio de poder entre as partes involucradas.
O bullying, segundo Owelus, divídese en dúas categorías: bullying directo ( en forma de ataques físicos e verbais ) bullying indirecto, tamén coñecido como agresión social, ou "acoso centrado nas relacións sociais a través da exclusión deliberada ou do aillamento"
Diferenza entre bullying e mobbing Aínda que sexan termos semellantes, no bullying sempre está presente a violencia física, mentres que no mobbing as estratexias que utilizan os acosadores ou mobbers sempre son máis psicolóxicas e sutís, pois a intención é non deixar rastro ou pegada do acoso, para facer notar ao acosado ou mobbed como un traballador incompetente, conflitivo ou problemático.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Acoso laboral Abuso de poder Violencia
Categoría:Socioloxía Categoría:Abusos de dereitos humanos