Acontecementos Asia Vahram III sucede Vahram II no trono persa, mais falece en pouco tempo Iníciase o reinado de Narseh, xa sasánida de Persia, gobernador de Armenia, apoiado pola nobreza (até 302).
Mundo Mediterráneo 1 de marzo : o emperador Diocleciano nomea dous césares, Galerio e Constancio Cloro, como axudantes dos dous augustos na condución do Imperio romano. Inaugúrase a Tetrarquía. O Imperio fica dividido e catro partes: Maximiano goberna Italia, Sicilia e mais África; Constancio Cloro dirixe a Galia, Hispania e Britania; Diocleciano goberna Tracia, Asia e mais Exipto; Galerio asume Iliria, as provincias danubianas e Acaia. As capitais imperiais establécense preto das fronteiras: Mediolanum (Milán), Augusta Treverorum (Tréveris), Nicomedia (Izmit) e Sirmium (Sremska Mitrovica). O goberno debe renovarse cada vinte anos. Os augustos deixarán o seu posto aos césares e estes deben designar novos césares. Constancio Cloro recobra a Galia para o Imperio romano ao vencer o usurpador Carausio. Alecto, logo de facer matar a Carausio, convértese en emperador de Britania.
Nacementos
Mortes Vahram II, xa de Persia. Vahram III, xa de Persia por catro meses. Carausio, usurpador imperial en Britania e Galia, asasinado.
Outros Historia ano a ano
Categoría:293