Polly Jean Harvey, nada en Yeovil o 9 de outubro de 1969, é unha cantautora inglesa, máis coñecida co nome artístico de PJ Harvey. Dende o principio da súa carreira demostrou co seu rock cru, directo e visceral ser unha das compositoras máis influentes dos noventa, compoñendo cancións cuxos temas van dende o sexo ao amor, á relixión, ó humor negro ou á sensibilidade na feminidade.
Traxectoria Alcumada como "a Patti Smith dos 90", Polly Jean naceu nunha granxa de Yeovil, e dende moi xove aprendeu a tocar o saxo e a guitarra. Cando era unha adolescente participou en varias agrupacións ata 1991, ano no que formou o seu grupo PJ Harvey, xunto ao baxista Steve Vaughn e ó batería Robert Ellis. Tanto o seu primeiro single, Dress, coma o segundo, Sheela-Na-Gig, foron un grande éxito; pouco a pouco, o grupo foise consolidando como unha nova banda de rock alternativa cuxa notoriedade aumentaba cada vez máis dentro do panorama musical.
En 1992 lanzaron o seu primeiro disco, Dry; un ano despois, e logo dunha longa e aclamada xira, PJ Harvey volveu a Londres para gravar o seu segundo traballo, Rid of me, cun son que estaba preto do noise e do punk nas guitarras; foi este disco o que converteu esta banda nun grupo de culto. Ao final de ano, sacaron á luz 4-Track Demos, un disco no que aparecían versión orixinais das cancións da placa anterior.
Despois da xira de Rid of me, Polly Jean emprendeu a súa carreira en solitario, lanzando o seu terceiro traballo en 1995, To Bring You My Love, xunto co baxista Mick Harvey e os guitarristas John Parish e Joe Gore. Este disco, cuxo single era a controvertida Down by the water, tivo unha grandiosa aceptación, tanto por parte da crítica coma do público en xeral.
A partir de 1996, a cantante estivo case inactiva, gravando soamente un tema a dúo con Nick Cave no disco deste último, Murder Ballads e cantando xunto ó seu socio John Parish en Dance Hall at Louse Point.
No 1998 lanza o seu quinto disco Is This Desire?, un disco ao que seguirían Stories from the City, Stories from the Sea no 2000, un álbum cun estilo máis pop; Uh Huh Her no 2004, que inclúe temas máis íntimos e apaixonados; e White Chalk no 2007, un álbum no que deixa de lado as guitarras eléctricas, as baterías potentes e unha voz desgarradora, para dar paso ao piano, á arpa, ao mellotron e a unha voz aguda e fráxil.
En marzo de 2009 publicouse A Woman a Man Walked By, un álbum gravado en colaboración con John Parish, no que se decantaba polo rock experimental e o folk. Ao igual que Dance Hall at Louse Point, o álbum tivo recensións positivas pero tamén un éxito comercial moderado, chegando ao número 25 da lista británica de álbums.
Discografía Álbums principais Ano DiscoSelo discográfico1992 DryToo Pure1993Rid of MeIsland Records19934-Track DemosIsland Records1995To Bring You My LoveIsland Records1998Is This Desire?Island Records2000Stories from the City, Stories from the SeaIsland Records2004Uh Huh HerIsland Records2007White ChalkIsland Records2009A Woman A Man Walked ByIsland Records2011Let England ShakeIsland Records2016The Hope Six Demolition ProjectIsland Records, Vagrant Records2023I Inside the Old Year DyingPartisan
Compilacións Ano DiscoSelo discográfico1995 The B-SidesIsland Records2006The Peel Sessions 1991-2004Island Records
Véxase tamén
Bibliografía Blanford, J.: Siren Rising (2004)
Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Cantautores Categoría:Rock Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Dorset