Zimbabwe ou Cimbabue (en ), oficialmente República de Zimbabwe (en inglés: Republic of Zimbabwe), é un país ó sur de África que anteriormente se chamaba Rodesia. Limita ó norte con Zambia e Mozambique; ó leste con Mozambique; ó sur con Suráfrica e ó oeste con Botswana. Ten tres linguas oficiais: o inglés, o shona e o ndebele do norte.

En 1965 a minoría branca declarou o país independente do Reino Unido co nome de Rodesia, non recoñecido polo Reino Unido, e instalou un réxime de segregación racial semellante ó do apartheid de Suráfrica.

O país entrou en guerra civil coa implantación deste réxime, que só terminou cando os brancos concordaron coa mediación dos ingleses pór fin ó réxime de segregación da poboación negra. O 17 de abril de 1980 o Reino Unido concedeu formalmente a independencia do país co nome actual, Zimbabwe.

Aínda que inicialmente durante a década dos 1980 a súa administración intentou mellor o nivel de vida e a economía do país, o certo é que o seu goberno foi caracterizado polo despilfarro orzamentario, pola hiperinflación e por denuncias de incumprimentos de dereitos humanos.Cimbabue prohibe as actividades das organizacións de dereitos humanos Vieiros, 14 de decembro do 2004 Tamén se dá a fraude electoralDesmond Tutu pide que ONU interveña en Cimbabue Vieiros, 29 de xuño de 2008 entre intimidacións varias,A violencia de Cimbabue pode dexenerar nun novo xenocidio Galicia Hoxe, 25 de xuño de 2008 que non logran estabilizar o goberno do estado a pesar dun intento de goberno compartido.Rompe o goberno de cohabitación en Cimbabue BBC News, 16 de outubro de 2009

Etimoloxía A verba Zimbabwe deriva de "Dzimba dza mabwe," que significa "grandes casas de pedra" na lingua shona. O seu uso como nome do país é polo Gran Zimbabwe.

Goberno e política Zimbabwe é unha república parlamentaria. O sufraxio é universal para todos os maiores de 18 anos. O presidente é, á súa vez, o xefe de Estado e de Goberno. O parlamento está formado por dúas cámaras, a máis importante ten 150 escanos, dos cales 120 son escolleitos polos cidadáns, 20 polo presidente e dez xefes tribais. Outra cámara, unha cámara alta, o Senado, foi instaurada tralos cambios constitucionais de 2005.Constitución de Zimbabwe, 2005 NGO Network Alliance Project

O partido de Robert Mugabe, Unión Nacional Africana de Zimbabwe-Fronte Patriótica (ZANU-PF), leva dominando a vida política do país desde a súa independencia, gañando sempre as eleccións.Mugabe, Robert. (2007). Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica 2007 Ultimate Reference Suite. Chicago: Encyclopædia Britannica As eleccións de 1990 foron nacional e internacionalmente criticadas por sospeitosas de fraude, xa que o Zimbabwe Unity Movement, o segundo partido na oposición de Edgar Tekere, só obtivo o 16% dos votos. As eleccións de 2002 celebráronse entre denuncias de manipulación de votos, intimidación e fraude.Zimbabwe: Election Fraud Report , Universidade de Pensilvania, 18 de abril de 2005 As seguintes eleccións celebráronse o 20 de marzo de 2008, onde Mugabe obtivo o 90% dos votos e se gravaron irregularidades nas eleccións.. En 2017, Mugabe dimitiu tras un golpe de Estado que levou ao poder a Emmerson Mnangagwa. Mnangagwa gañou as eleccións presidenciais de 2018.

Tanto a Unión Europea como Estados Unidos decretaron sancións contra o goberno do actual presidente, Robert Mugabe, pola violación dos dereitos humanos.

Subdivisións

miniatura|175px|esquerda|Mapa das provincias do Zimbabwe, numeradas. Cimbabwe divídese en oito provincias e dúas cidades con estatuto de provincia:

Bulawayo (cidade) Harare (cidade) Manicaland Mashonaland Central Mashonaland Este Mashonaland Oeste Masvingo Matabeleland Norte Matabeleland Sur Midlands

Demografía

Economía

O goberno de Zimbabwe enfróntase a unha ampla variedade de difíciles problemas na súa economía. Entre estes problemas inclúense unha notoria falta de divisas, hiperinflación e escaseza de provisións. A súa participación na guerra de 1998 a 2002 na República Democrática do Congo, por exemplo, significou un descenso de centos de millóns de dólares da súa economía.Violencia organizada e tortura en Zimbabwe en 1999 , 1999, Zimbabwe Human Rights NGO Forum O necesitado apoio do FMI non chegou, debido a que o goberno fracasou en alcanzar os obxectivos orzamentarios precisos para as axudas. A taxa de inflación incrementouse dun 32% por ano en 1998 a un 586% a finais de 2005, e co maior rexistro do mundo cunha taxa de inflación dunha estimación oficial en xaneiro do 2008 do 100 580.2%, mentres que o tipo de cambio baixou de 24 dólares Zimbabwenses por US$ a 85.000 por US$ na mesma época. Zimbabwe ten actualmente a taxa de inflación máis alta do mundo. En marzo de 2008, a inflación alcanzou o 100.000% e, unha taxa de cambio de 1 dólar USA por 30 000 000 de dólares Zimbabwenses. En xullo de 2008 a inflación oficial chegou a 2 200 000% ao ano, mais estatísticas extraoficiais indicaban unha inflación real de 9 000 000% ao ano. Polo tanto, a poboación local que pode tende a comprar os produtos esenciais nos países veciños de Botswana, Suráfrica e Zambia.

As exportacións agrícolas, minerais e o turismo constitúen a principal vía de entrada de divisas estranxeiras.Perfil de Cimbabwe , Departamento de Asuntos Estranxeiros e Comercio Internacional de Canadá: “Posto que o país está ben equipado con recursos naturais como minerais, terra fértil e fauna salvaxe, posúe moitas oportunidades de actividades como a mineira, a agricultura e o turismo.” Zimbabwe é o país que mantén a relación comercial máis importante con Suráfrica no continente africano.Relacións económicas entre Zimbabwe e África do Sur dende o 2000 , Africa News, 31 de outubro de 2007 : "Cimbabwe é o socio comercial máis importante de Suráfrica en África" A dinámica decadente da economía do estado foi atribuída, principalmente, á mala xestión, á corrupción do goberno de Mugabe e á expropiación das terras de máis de 4000 granxeiros brancos durante a controvertida redistribución da terra do ano 2000.Robinson, Simon. A Tale of Two Countries , Time Magazine, 18 de febreiro de 2002 Zimbabwe prohíbelle aos granxeiros brancos cultivar, USA Today, 24 de xuño de 2002 Granxeiros brancos en estado de sitio en Zimbabwe, BBC News, 15 de agosto de 2002 A Zimbabwe Conservation Task Force publicou un informe en xuño de 2007 que estimaba a morte dun 60% da biosfera salvaxe do país desde 2000. O informe tamén advirte que a perda de vida xunto coa deforestación salvaxe é potencialmente perigosa para a industria turística.Nick Wadhams, A fauna e flora de Zimbabwe decimada pola crise económica , Nairobi: National Geographic News, 1 de agosto de 2007

En 2005, o goberno, motivado polo gobernador do Banco Central Gideon Gono, comezou a suxerir a posibilidade de que os granxeiros brancos volveran ao país. Aínda quedaban entre 400 e 500 no interior, mais a maior parte da terra que foi confiscada xa non era produtiva.Meldrum, Andrew, Zimbabwe encamíñase cara ao desastre e invita aos granxeiros brancos e retornar, The Guardian, 21 de maio de 2005 En xaneiro de 2007 o Goberno permitiu incluso a algúns granxeiros facer contratos de arrendamento a longo prazo.Timberg, Craig, Granxeiros brancos ofrecen arrendamentos en Zimbabwe, The Washington Post, 6 de xaneiro de 2007 Porén, máis adiante deu marcha atrás e ameazou con encarcerar a todos os granxeiros brancos que seguiran en Zimbabwe.Zimbabwe ameaza aos granxeiros brancos, The Washington Post, 5 de febreiro de 2007 Chinaka, Cris, Zimbabwe ameaza aos granxeiros brancos coa evicción, Reuters, 8 de agosto de 2007

En agosto de 2006 púxose en circulación un novo dólar Zimbabwense, equivalente a 1000 dos antigos. Segundo o cambio oficial, a taxa de cambio caeu dos 24 dólares antigos por dólar estadounidense en 1998 a 250 000 dólares antigos o 250 novos por dólar estadounidense Reserve Bank of Zimbabwe ou no mercado paralelo, a 120 000 000 dólares antigos por dólar estadounidense en xuño de 2007.

En xullo de 2008, o Banco Central de Zimbabwe puxo en circulación un billete de 1.000 millóns de dólares Zimbabwenses para axilizar o uso de diñeiro en metálico. Non obstante, este novo billete ten aproximadamente o valor dun dólar estadounidense. Polo tanto, apenas serve para comprar unha barra de pan ou catro laranxas.

A economía de Cimbabwe está en situación crítica. Tradicionalmente estivo baseada na agricultura aínda que a minería é moi importante, sendo un dos principais produtores de cromo.

+ Festas Data Nome en galego Nome local Notas 1 de xaneiro Día de Aninovo New Year’s Day Varía cada ano Venres Santo Good Friday Varía cada ano Luns de Pascua Easter Monday 18 de abril Día da Independencia Independence day Concedida polo Reino Unido o 18 de abril en 1980 1 de maio Día do Traballo Labour Day 25 de maio Día de África Africa’s Day O 25 de maio de 1963 fúndase a OUA 7 de agosto Día dos Heroes Heroes' Day 8 de agosto Día do Exército Defenced Forces Day 22 de decembro Festa da Unidade Unity Day 25 de decembro Día de Nadal Christmas Day 26 de decembro Boxing Day

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Goberno de Zimbabwe Parlamento de Zimbabwe