O termo Caneiro pode referirse a:

Caneiro, conduto nos beirís dun tellado que conduce a auga que escorrega dende el (canleiro, canlón, cano); un lugar onde abundan as canas, plantas de talo longo, estreito e cilíndrico sen follas, como o bambú (canedo, canaval); Canil, lugar onde se reteñen os cans; Caneiro, construción para a pesca consistente en muros cruzados nun río (pesqueira ou pesco); Caneiro, construción para encher de auga o cano dun muíño; Caneiro, tabique xeralmente de madeira, caneirado.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Caneiro, na parroquia de Carballido, no concello de Vilalba; O Caneiro, lugar da parroquia de Baredo, no concello de Baiona; O Caneiro, lugar da parroquia de Taboexa, no concello das Neves; O Caneiro, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez; O Caneiro, lugar da parroquia de Lourido, no concello de Valdoviño; O Caneiro, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello de Valdoviño; O Caneiro, lugar da parroquia de Burgás, no concello de Xermade.

Como apelido, pode referirse a:

Xosé Carlos Caneiro, escritor galego (n. 1963).

Véxase tamén Outros artigos