Martín Veiga Alonso, nado en Noia en 1970, é un poeta, tradutor e crítico literario galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC. Doutor en Estudos Hispánicos pola Universidade de Cork.

Colabora en prensa, revistas literarias e libros colectivos con ensaios, artigos, poemas, traducións ao galego de autores de lingua inglesa e traducións ao inglés de poemas galegos. Foi lector de galego no "Irish Centre for Galician Studies" do departamento de Estudos Hispánicos da Universidade de Cork, en Cork (Irlanda), e tamén profesor de lingua española, director do citado centro de estudos galegos de Cork e director do centro de "Creative Writing" (escritura creativa) nesa mesma universidade.

Como poeta, participou en numerosos recitais, colaborou nas revistas Ólisbos, Eis, Lúa Nova, Dorna; Southword, SERTA, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.

É coeditor de Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies publicando Espazos naturais, mobilidades textuais: novas perspectivas críticas sobre a obra de Xavier Queipo (2013) e Text, Image, Archive: Galician Literature and the Visual Arts (2022), con David Miranda-Barreiro.

Gran parte da súa obra crítica, xunto á súa tese de doutoramento, estivo centrada na figura e obra de Antón Avilés de Taramancos.

Obras Poesía Tempo van de porcelana (1990). Noia: Casa de Cultura. As últimas ruínas (1994). Culleredo: Espiral Maior. 70 páxs. ISBN 9788488137265. Ollos de ámbar (2005). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Fundaxes (2006). Culleredo: Espiral Maior. 73 páxs. ISBN 9788496475441. Diario de Crosses Green (2016). Pontevedra: Kalandraka. 112 páxs. ISBN 978-84-16721-00-9. Ilustración e cuberta de María Maquieira. Foi traducida ao inglés por Keith Payne: Diary of Crosses Green (2018). A ganancia e a perda (2020). Pontevedra: Faktoría K. 106 páxs. ISBN 9788416721603. Ilustracións de Rebeca Lar. Alfaias na lama: Poesía selecta 1990-2020 / Jewels in the Mud: Selected Poems 1990-2020 (2020). Introdución e selección de Xosé María Álvarez Cáccamo e tradución ao inglés de Keith Payne. Small Stations Press. 220 páxs. ISBN 978-9543841127.

Ensaio Antón Avilés de Taramancos (2003). Silleda: Edicións Fervenza. 59 páxs. ISBN 9788493297701. Raiceiras e vento. A obra poética de Antón Avilés de Taramancos (2003). Santiago: Laiovento. 201 páxs. ISBN 978-84-8487-044-8. Biografía sonora de Avilés de Taramancos (2009, con Ana Romaní e Rodrigo Romaní) Escribir na multitude: a obra literaria de Antón Avilés de Taramancos (2014)

Inglés

Reading Spanish and Latin American Literatures: New Directions in Research (2005). Con Nuala Finnegan. A Different Eden: Ecopoetry from Ireland and Galicia (2021). Con Keith Payne e Lorna Shaughnessy. Here and Beyond: Narratives of Travel and Mobility in Iberian Culture (2022). Con Helena Buffery, Sergi Mainer e David Miranda-Barreiro.

Edición Cantos caucanos, de Antón Avilés de Taramancos (2003). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-8302-946-6.

Antoloxías e obras colectivas Para saír do século. Nova proposta poética (1997). Xerais. Poesía ultimísima (1997). Madrid: Libertarias. Muestra de la joven poesía gallega, en La flama en el espejo (1997). Praxis. A poesía contemporánea a partir de 1975. Antoloxía (1997). A Nosa Terra/AS-PG. Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (1997). Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso. Bestiario (1998). Edicións do Dragón. Río de son e vento. Unha antoloxía da poesía galega (1999). Xerais. Milenio. Ultimísima poesía española (2000). Sial. Novas voces da poesía galega: recital (2000). Consello da Cultura Galega. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico.

Tese de doutoramento A obra literaria de Anton Aviles de Taramancos: un estudo critico (2007).

Tradución

Ferrovías (2020) [Railtracks] de John Berger e Anne Michaels, con fotografías de Tereza Stehlíková. Santiago: Chan da Pólvora. ISBN 9788412101881

A nai sombra (2021) [The Shadow Mother] de Seán Virgo, ilustrada por Javier Serrano Pérez. Pontevedra: Kalandraka. ISBN 9788413431000. Catro cuartetos (2023) [Four Quartets] de T. S. Eliot. Pontevedra: Faktoría K. ISBN 9788419213341.

Premios Premio Domingo Antonio de Andrade. Premio Rosalía de Castro. Premio Xacobeo de Poesía. Gañador do II Premio Espiral Maior de Poesía no 1994, por As últimas ruínas. Premio Ramón Cabanillas de Tradución. Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2005, por Fundaxes. Esquio no 2005, por Ollos de ámbar. Pedrón de Honra en 2017. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Martín Veiga en "Antología de joven poesía gallega" Dept. of Hispanic Studies, UCC, Martín Veiga Martín Veiga's Creative Writing Publications

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Premio Esquío Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes