Axeladas (en latín Ageladas, e en grego Άγελάδας) ou Hagelaidas (esta última forma é a que aparece nas inscricións), é o nome de dous escultores gregos da escola de Argos e que un é o avó do outroA. Frickenhaus, «Hageladas», Jahrbuch des Deutschen Archäologischen Instituts no 26 (1911), p. 24-48. aínda que é algo que está en discusión.
Axeladas I Se estima que debeu nacer polo 540 a.C.Sillig (1836), p. 3-6 e que traballou entre o 520 e o 490 a.C.,Boardman (1994), p. 89 e os textos antigos atribúenlle as seguintes obras:
Ofrendas votivas: cabalos de bronce e prisioneiros, cidadáns de Tarento en Delfos;Pausanias, Description de la Grèce (X, 10, 6); Fouilles de Delphes, t. III (1, 129 et 130). unha estatua dedicada por Praxíteles de Siracusa.Dittenberg, W. e Purgold, K. (1897). Die Inschriften von Olympia, Berlin. Nº 266. Estatuas de atletas: efixie de Anochos de Tarento, gañador do estadio e dobre estadio nos Xogos;Pausanias (VI, 14, 11). armadura de Cleóstenes Epidamno, vencedor na carreira de carros da 66ª Olimpiada (512 a.C.);Pausanias (VI, 10, 6). efixies de Timasiteo de Delfos que fora executado e de Anocos de Tarento, gañador de loita nos LXV Xogos Olímpicos e nos Xogos Délficos.Pausanias (VI, 8, 6). Un grupo de musas , en colaboración con Arístocles e Canachas.
Axeladas II O seu período de actividade abrangueu do 474 ao 430 a.C., data na que Plinio o Vello sitúa o seu apoxeo.Plinio o Vello, Historia Natural (XXXIV, 49). Fundou unha escola escultórica, na que se pensa que estudaron Mirón,Historia Natural (XXXIV, 57). Fidias e Policleto.Historia Natural (XXXIV, 55). Malia que non se coñece gran cousa deste escultor, hai unha inscrición que sinala que o nome do seu fillo foi Argeiadas.
É moi coñecida a súa estatua representando a Zeus Ithomatas, feita para os mesenios de Naupactos,Pausanias (IV, 33, 2).Alcock (2002), p. 159 e que foi reproducida nas moedas desa cidade, así como unha estatua de Zeus neno e un Heracles con barba, ámbolos dous encargados en Egio, Acaia.Pausanias (VII, 24, 4).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escultores do século -V Categoría:Escultores da arte grega antiga Categoría:Escultores do século -IV