Guano Apes é un grupo de rock alternativo con orixe en Göttingen, Alemaña formado no ano 1994. A banda separouse no 2004 pero reuniuse novamente no 2009 coa mesma formación.
Historia O grupo formouse en 1994 en Göttingen, Alemaña. Déronse a coñecer en 1996 tras gañar un concurso local de música coa canción "Open Your Eyes". Este tema foi o seu primeiro sinxelo, seguido do lanzamento do seu primeiro álbum Proud Like a God en 1997.
No 2000 o grupo gravou o seu segundo álbum Don't Give Me Names. Os sinxelos "Big in Japan" (unha versión da canción de Alphaville) e "No Speech" tiveron moito éxito e o grupo obtivo un disco de ouro en Alemaña. Walking on a Thin Line, o seu terceiro disco, saíu á venda no 2003 xunto co sinxelo "Quietly".
O grupo disolveuse tralo lanzamento do seu disco de grandes éxitos Planet of the Apes. Despois da disolución do grupo saíu a venda un disco recompilatorio, Lost (T)apes, que contén temas inéditos que se gravaran nos anos 1994 e 1995.
No 2009 xuntáronse de novo.
Membros Sandra Nasic - vocalista Henning Rümenapp - guitarra Stefan Ude - baixo Dennis Poschwatta - batería
Discografía Álbums Proud Like a God - 1997 Don't Give Me Names - 2000 Walking on a Thin Line - 2003 Live - 2003 Planet of the Apes - 2004 Lost (T)apes - 2006 (BMG, Super Sonic Records) Bel Air - 2011 (Columbia Europe)
Sinxelos "Open Your Eyes" (1997) "Rain" (1998) "Lords of the Boards" (1998) "Don't You Turn Your Back on Me " (1999) "Big in Japan" (2000) "No Speech" (2000) "Living in a Lie" (2000) "Dödel Up" (2001) "Kumba Yo!" (2001) "You Can't Stop Me" (2003) "Pretty in Scarlet" (2003) "Quietly" (2003) "Break the Line" (2004)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Grupos musicais de Alemaña Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1994 Categoría:Grupos musicais separados en 2005 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2009