miniatura|300px|Retrato de familia dos Jaso: Enrique Jaso Paz (sentado no chan); Josefa Martínez San Juan (sentada na cadeira); a filla máis vella, Evangelina Jaso González, con cabeleira; o rapaz, Enrique Jaso González (ambos os dous son o froito do primeiro matrimonio do pai); outra nena máis nova, Josefita (no chan, acariñando ao can); e Loliña, no colo da nai.

Unha familia é unha unidade social formada por un conxunto de individuos vinculados por relacións de matrimonio, parentesco ou afinidade, que conviven e organizan colectivamente a vida cotiá ou parte dela.Dicionario de galego editorial Ir Indo.

Non hai consenso sobre unha definición universal da familia. É un concepto antropolóxico inferior ao clan, a tribo e a nación; sociolóxico e incluso económico (unidade mínima de empresa). A familia nuclear é o modelo principal de familia e a estrutura máis difundida na actualidade; porén, as formas de vida familiar son moi diversas, dependendo de factores sociais, culturais, económicos e afectivos. A familia, como calquera institución social, tende a adaptarse ao contexto dunha sociedade. Constitúe a base do orde social.

Os lazos principais que definen unha familia son de dous tipos: vínculos de afinidade derivados do establecemento dun vínculo recoñecido socialmente, como o matrimonio —que, nalgunhas sociedades, só permite a unión entre dúas persoas mentres que noutras é posible a poligamia—, e vínculos de consanguinidade, como a filiación entre pais e fillos ou os lazos que se establecen entre os irmáns que descenden dun mesmo pai. Tamén pode diferenciarse a familia segundo o grao de parentesco entre os seus membros.

Segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a familia é o elemento natural, universal e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado.

O Día Internacional das Familias, celebrado o 15 de maio, foi instituído pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1993. Acordouse celebrar no ano 1994 o Ano Internacional da Familia e concretar no día 15 de maio de tódolos anos os actos conmemorativos, que se comezaron a convocar en todo o mundo a partir dese ano 1994. O obxectivo proposto é poñer de manifesto a importancia que a comunidade internacional debe conferir á familia como unidade básica da sociedade e motor do desenvolvemento económico e social, o que comporta tomar en consideración tódolos problemas que poidan afectar á situación das familias no mundo e promove-la adopción das medidas adecuadas para resolver eses problemas, incluíndo a necesidade de que os gobernos teñan en consideración as necesidades familiares á hora de establecer prioridades nas decisións políticas que adopten.

O campo da xenealoxía ten como obxectivo rastrexar as liñaxes familiares ao longo da historia. A familia é tamén unha importante unidade económica estudada en economía familiar. A palabra «familias» pode utilizarse metaforicamente para crear categorías máis inclusivas como comunidade, nación e aldea global.

Etimoloxía

O termo familia procede do latín famīlia ("patrimonio doméstico"), "grupo de servos e escravos patrimonio do xefe da gens", á súa vez derivado de famŭlus, "servo, escravo", que á súa vez deriva do osco famel. O termo abriu o seu campo semántico para incluír tamén á esposa e fillos do pater familias, a quen legalmente pertencían, ata que acabou substituíndo a gens. Tradicionalmente vinculouse a palabra famŭlus, e os seus termos asociados, á raíz fames («fame»), de forma que a voz se refire, ao conxunto de persoas que se alimentan xuntas na mesma casa e aos que un pater familias ten a obrigación de alimentar. Orixe miniatura|upright|Familia das Sulawesi A familia supón por unha banda unha alianza, o matrimonio, e polo outro unha filiación, os fillos.

Segundo expón Claude Lévi-Strauss, a familia ten a súa orixe no establecemento dunha alianza entre dous ou máis grupos de descendencia a través do enlace matrimonial entre dous dos seus membros. Dentro desta visión, historicamente unha das principais funcións da familia foi regular a procreaciónSchneider, David (1984). A Critique of the Study of Kinship. Ann Arbor: University of Michigan Press, p. 182Deleuze-Guattari (1972). Part 2, ch. 3, p. 80 A familia está constituída polos parentes, é dicir, aquelas persoas que por cuestións de consanguinidade, afinidade, adopción ou outras razóns diversas, sexan acollidas como membros desa colectividade. Para os meniños a familia adoita ser a referencia primeira na súa socialización e integración culturalJohn Russon (2003). Human Experience: Philosophy, Neurosis, and the Elements of Everyday Life, Albany: State University of New York Press, pp. 61-68.. Ademais a orde social establece unha rede de prohibicións e privilexios sexuais ligados á familia e unha cantidade variable e diversificada de lazos psicoafectivos como amor, afecto, respecto, temor etc.

En oposición a este enfoque, Radhika Coomaraswamy defenden que "non se debería definir a familia mediante unha construción formalista, nuclear, a de marido, muller e fillos. A familia é o lugar onde as persoas aprenden a coidar e a seren coidadas, a confiar e a que se confíe nelas, a nutrir a outras persoas e a nutrirse nelas".

As familias adoitan estar constituídas por uns poucos membros que adoitan compartir a mesma residencia. Dependendo da natureza das relacións de parentesco entre os seus membros, unha familia pode ser catalogada como familia nuclear ou familia extensa. O nacemento dunha familia xeralmente ocorre como resultado da fractura dunha anterior ou da unión de membros procedentes de dúas ou máis familias por medio do establecemento de alianzas matrimoniais ou por outro tipo de acordos sancionados polo costume ou pola lei.

A integración dos membros da familia, como no caso dos grupos de parentesco máis amplos como as liñaxes, realízase a través de mecanismos de reprodución sexual ou de recrutamento de novos membros. Se se considerase que a familia debe reproducirse bioloxicamente, non poderían conceptualizarse como «familias» aqueles grupos onde Ego Ego no sentido antropolóxico do termo, que é o termo co que se identifica á persoa ao redor da cal se definen as relacións de parentesco nun estudo xenealóxico. ou o seu consorte (ou ambos os) están incapacitados de reproducirse bioloxicamente. miniatura|upright|A familia de Carlos IV de España (1800-1801) por Francisco de Goya (Museo do Prado, España).

Nestes casos, a función reprodutiva trasládase aos mecanismos de recrutamento socialmente aceptables —como a adopción—. O recrutamento de novos membros dunha familia garante a súa transcendencia

A familia en Occidente debilitouse conforme se fortalecen as institucións especializadas na educación dos nenos máis pequenos. Isto foi motivado, entre outras cousas, pola necesidade de incorporación de ambos os proxenitores no campo laboral, o que leva nalgunhas ocasións a delegar esta función en espazos como as gardarías, o sistema de educación preescolar e, finalmente, na escola. Con todo, este fenómeno non se observa en todas as sociedades; existen aquelas onde a familia segue sendo o núcleo formativo por excelencia.

Por outra banda, a mera consanguinidade non garante o establecemento automático dos lazos solidarios cos que se adoita caracterizar ás familias. Se os lazos familiares fosen equivalentes aos lazos consanguíneos, un neno adoptado nunca podería establecer unha relación cordial cos seus pais adoptivos, posto que os seus "instintos familiares" levaríanlle a rexeitalos e a buscar a protección dos pais biolóxicos. Os lazos familiares, por tanto, son resultado dun proceso de interacción entre unha persoa e a súa familia (o que queira que cada sociedade defina por familia: familia nuclear ou extensa; familia monoparental ou adoptiva, etc.). Neste proceso dilúese un fenómeno puramente biolóxico: é tamén e, sobre todo, unha construción cultural, na medida en que cada sociedade define de acordo coas súas necesidades e a súa visión do mundo o que constitúe unha «familia».Arranz, E. y col. (2004). Familia y desarrollo psicológico. Madrid, España: Editorial Pearson, Prentice Hall.

Status miniatura|upright|Detalle dun medallón de vidro dourado co retrato dunha familia, procedente de Alexandría (Exipto romano), séculos III-IV (Brescia, Museo di Santa Giulia)Jás Elsner (2007). "The Changing Nature of Roman Art and the Art Historical Problem of Style," in Eva R. Hoffman (ed), Late Antique and Medieval Art of the Medieval World, 11–18. Oxford, Malden & Carlton: Blackwell Publishing. , p. 17, Figure 1.3 on p. 18. Unha das funcións primordiais da familia consiste en proporcionar un marco para a produción e reprodución de persoas biolóxica e socialmente. Isto pode ocorrer mediante o intercambio de sustancias materiais (como os alimentos); a prestación e recepción de coidados e crianza (parentesco de crianza); dereitos e obrigacións xurídicos; e tamén vínculos morais e sentimentais.Schneider, David 1984 A Critique of the Study of Kinship. Ann Arbor: University of Michigan Press. p. 182Deleuze-Guattari (1972). Part 2, ch. 3, p. 80 Así pois, a experiencia que un ten da súa familia cambia co tempo.

Existen diferentes perspectivas do termo «familia», desde o punto de vista dos nenos, a familia é unha «familia de orientación»: a familia serve para situar socialmente aos nenos e desempeña un papel fundamental na súa endoculturación e socialización.Russon, John, (2003) Human Experience: Philosophy, Neurosis, and the Elements of Everyday Life, Albany: State University of New York Press. pp. 61–68. Desde o punto de vista dos proxenitores, a familia é unha «familia de procreación», cuxo obxectivo é producir, endoculturar e socializar aos fillos.George Peter Murdoch Social Structure p. 13 Con todo, producir fillos non é a única función da familia; nas sociedades con división sexual do traballo, o matrimonio e a conseguinte relación entre dúas persoas, é necesario para a formación dun fogar economicamente produtivo.Wolf, Eric. 1982 Europe and the People Without History. Berkeley: University of California Press. 92Harner, Michael 1975 "Scarcity, the Factors of Production, and Social Evolution," in Population, Ecology, and Social Evolution, Steven Polgar, ed. Mouton Publishers: The Hague.Rivière, Peter 1987 "Of Women, Men, and Manioc", Etnologiska Studier (38).

C. C. Harris sinala que a concepción occidental da familia é ambigua e confúndese co fogar, como revelan os distintos contextos nos que se emprega a palabra. Olivia Harris afirma que esta confusión non é accidental, senón indicativa da ideoloxía familiar dos países capitalistas, occidentais que aproban unha lexislación social que insiste en que os membros dunha familia nuclear deben vivir xuntos, e que os que non están tan emparentados non deben vivir xuntos. A pesar das presións ideolóxicas e legais, unha gran porcentaxe de familias non se axusta ao tipo de familia nuclear ideal.

Tamaño miniatura|upright|esquerda|Irmáns menonitas, Montana, Estados Unidos, 1937 A taxa global de fecundidade das mulleres varía dun país a outro, desde unha taxa alta de 6,76 nenos nados por muller en Níxer até unha taxa baixa de 0,81 en Singapur (en 2015). A fertilidade está por debaixo do nivel de substitución en todos os países de Europa do Leste e do Sur, e particularmente alta nos países da África subsahariana.

Nalgunhas culturas, a preferencia da nai polo tamaño da familia inflúe na dos fillos até a idade adulta temperá. O número de fillos dun proxenitor está estreitamente relacionado co número de fillos que acabarán tendo os seus fillos.

Características miniatura|upright|Familia composta por dous homes Segundo defende a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, "a familia é o elemento natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado". Na maioría dos países a familia goza de personalidade xurídica e crea entre os seus membros obrigas e dereitos de carácter social e material.