María de la Concepción Pérez Iglesias, nada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 1881 e finada en Lantaño en decembro de 1939,El Correo Gallego, 17-12-1939, p. 2. foi unha mestra e política galega. En 1925 converteuse na primeira alcaldesa de Galicia e unha das primeiras de España,"La primera alcaldesa de España", artigo no blog do Centro de Estudios Borjanos, 19 de xuño de 2016 . no concello de Portas.

Traxectoria Concepción estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, e aos vinte anos obtivo o título de mestra. Cara a 1907 foi destinada á escola nacional de nenas de Portas. En 1908 casou con Amador Méndez Santamaría, veciño da parroquia de Godos, e fixou a súa residencia en Lantaño.

En 1918 quedou viúva o que foi determinante para poder entrar na política municipal posteriormente porque o Estatuto Municipal de 1924 abriu a posibilidade de participación pública ás mulleres viúvas ou ás solteiras maiores de 23 anos. Só nestes casos as mulleres podían votar en eleccións municipais ou ser escollidas para cargos deste ámbito. As mulleres solteiras menores de 23 anos estaban sometidas á patria potestade e as mulleres casadas á tutela ou autoridade marital o que as excluía.

O 9 de xaneiro de 1925 foi elixida alcaldesa de Portas, cargo que desempeñou até o 23 de xaneiro de 1930.

O paradoxo fixo que Concepción Pérez fose alcaldesa cando aínda non se establecera o sufraxio feminino universal, que chegou en 1931 coa Segunda República.

Tralo cesamento Concepción seguiu exercendo como mestra, ata o seu traslado definitivo á Escola Nacional de Guadalupe, en Santiago, onde permaneceu ata os últimos anos da súa vida profesional.

Foi soterrada o 12 de decembro de 1939 no cemiterio parroquial de Lantaño.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Rodríguez Rodríguez, Anaír. Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño (1ª edición: febreiro de 2019 ed.). Vigo. ISBN 978-84-9121-464-9. OCLC 1135271442 Ligazóns externas Recensión biográfica Recensión no blog do IES de Curtis

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Portas Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1881

Categoría:Finados en 1939