Santiago de Coedo é unha parroquia situada no sur do concello de Allariz. Limita coa parroquia allarizás de Torneiros e cos concellos de Sandiás e Vilar de Santos.
Poboación Coedo é a parroquia menos poboada do concello. Segundo o INE en 2006 tiña 53 habitantes (29 homes e 24 mulleres). O seu núcleo máis poboado é o lugar de Coedo, con 48 persoas. Os outros tres lugares da parroquia recollidos no nomenclátor da Xunta de Galicia son Novás, Pegas do Cotorro e A Quinta.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Coedo
Parroquias de Allariz
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Allariz
Categoría:Parroquias de Allariz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior