miniatura|Arthur Compton en 1929. Arthur Holly Compton, nado en Wooster (Ohio) o 10 de setembro de 1892 e finado en Berkeley (California) o 15 de marzo de 1962, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física en 1927.
Traxectoria miniatura|300px|Conferencia Solvay de 1927. Podemos observar a Arhtur Holly Compton o cuarto da segunda fila comezando pola dereita, sentado xusto detrás de Albert Einstein Compton naceu en Wooster (Ohio) e estudou no Wooster College e na Universidade de Princeton. En 1923 foi profesor de física na Universidade de Chicago. Durante a súa estancia nesta universidade, Compton dirixiu o laboratorio no que se produciu a primeira reacción nuclear en cadea, o que provocou que tivese un papel relevante no Proxecto Manhattan, a investigación que desenvolveu a primeira bomba atómica.
Desde 1945 ata 1953 Compton foi reitor da Universidade de Washington e logo de 1954 foi catedrático de Filosofía Natural.
Investigacións científicas Os seus estudos dos raios X leváronlle a descubrir en 1922 o denominado efecto Compton. O efecto Compton é o cambio de lonxitude de onda da radiación electromagnética de alta enerxía ao ser difundida polos electróns. O descubrimento deste efecto confirmou que a radiación electromagnética ten propiedades tanto de onda como de partículas, un principio central da teoría cuántica.
Polo seu descubrimento do efecto Compton e pola súa investigación dos raios cósmicos e da reflexión, a polarización e os espectros dos raios X compartiu o Premio Nobel de Física de 1927 co físico británico Charles Wilson.
Recoñecementos Na súa honra, así como no do seu irmán Karl Taylor Compton, bautizouse ao cráter "Compton" da Lúa así como o asteroide "(52337) Compton", descuberto o 2 de setembro de 1992 por Freimut Börngen e Lutz D. Schmadel.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Física 1927
Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Wayne, Ohio Categoría:Personalidades do Proxecto Manhattan Categoría:Físicos cuánticos