José Maria de Abreu, nado en Jacareí (Estado de São Paulo) o 7 de febreiro de 1911 e finado en Río de Xaneiro o 11 de maio de 1966, foi un compositor brasileiro, coñecido popularmente como o Rei do Valse.

Traxectoria

Viviu a maior parte da súa vida en São Paulo. Aprendeu música de seu pai, a finais dos anos 20 principiou a gravar as súas composicións, compuxo xunto con Francisco Mattoso, un dos clásicos románticos brasileiros da década de 1930: Boa Noite Amor (1936), gravado por Francisco Alves. A partir de 1942 con Jair Amorim escribiu os seus mais coñecidos éxitos, entre os cales salientan Um Caminho e Você (1948), Pegando fogo (con Francisco Mattoso en 1939) e Alguém Como Tu (1952), interpretados por Dick Farney. Véxase tamén

Bibliografía Grande História Universal Ediclube, 2006. Nova Enciclopédia Portuguesa, Ed. Publicações Ediclube, 1996.

Ligazóns externas Cliquemusic

Categoría:Compositores do Brasil Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Nados en São Paulo