Betty Atómica (en e Atomic Betty: Mission Earth, na súa terceira e derradeira tempada) é unha serie de televisión de debuxos animados francesa-canadense producida por Atomic Cartoons, Breakthrough Entertainment e Tele Images Kids, xunto con Marathon Group na terceira tempada. Teletoon no Canadá, Phil Roman Entertainment (sen acreditar) nos Estados Unidos e M6 (tempadas 1-2) e Télétoon en Francia, proporcionan financiamento adicional para a produción.
Empezouse a emitir en galego no Xabarín Club en 2012, e está dispoñible en liña na plataforma do Xabarín.
Sinopse A protagonista da serie é Betty, unha nena de dez anos que por máis de lle gustar as típicas cousas dunha pequerrecha da súa idade tamén forma parte dunha organización que ten como misión salvar a galaxia axudada por un piloto alieníxena, Sparky, e o robot X-5.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Series de televisión de Francia Categoría:Series de televisión do Canadá Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión en lingua francesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2004 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2008 Categoría:Series de televisión con versión galega