San Lourenzo de Belesar é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Baíña e Santa Cristina da Ramallosa, e pertence ao arciprestado de Miñor. Segundo o IGE, no ano 2013, tiña 1185 veciños (581 homes e 604 mulleres), repartidos en 4 entidades de poboación: A Estivada (93), A Granxa (168), A Medialdea (489) e O Urgal (435).

Xentilicio O seu xentilicio, de orixe castelanizante, é belesareño.

Patrimonio Entre os seus monumentos destaca o miradoiro do Cortelliño, na serra da Groba, desde o que se ven as Rías Baixas.

O contorno desta serra está cheo de camiños empedrados e sendeiros rurais. Ademais consérvanse varios núcleos de petróglifos datados na Idade de Bronce.

Está atravesado polo río da Groba.

A festa da parroquia é o 10 de agosto, na honra de San Lourenzo.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Belesar

Parroquias de Baiona

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Baiona Ligazóns externas San Lourenzo de Belesar, Diocese de Tui-Vigo.

Notas

Categoría:Parroquias de Baiona Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo