Symbian é un sistema operativo creado para funcionar nos teléfonos móbiles "multimedia" con soporte para cámaras fotográficas MMS, wireless ou rede sen fíos, e bluetooth entre outras funcións.
Este sistema operativo está predominantemente baseado nun ambiente gráfico sinxelo. Actualmente emprégase na maioría dos recentes modelos de teléfonos móbiles dos grandes fabricantes.
Historia Symbian é un consorcio de varias empresas, fundado en 1998 e en plena actividade ata o día de hoxe. Actualmente fan parte do consorcio as empresas Nokia, Siemens AG, Samsung, Ericsson, SonyEricsson e Panasonic. As empresas non pertencentes ao consorcio poden licenciar o sistema operativo para empregalo nos seus produtos, xa que ao ser un sistema totalmente modular, permite que cada empresa cree a súa propia interface.
Vantaxes É un sistema operativo aberto e de baixo custo (En torno os 3 € por aparello) Posúe recursos para xestionar e utilizar pouca batería e memoria Permite a instalación de software de terceiros Baséase en patróns de comunicación e datos. Dispón de mecanismos que aseguran a transferencia e o almacenamento dos datos Aproveita ben as áreas do aparello (Memoria RAM, microprocesador, procesador gráfico etc.)
Plataforma para desenvolvemento Symbian permite o desenvolvemento de aplicacións en diversas linguaxes de programación:
Symbian C/C++ JavaME FlashLite Perl Python Ruby Lua
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Sistemas operativos