O termo Andros pode referirise a:

Andros-, prefixo de orixe grega que significa home, masculino, e serve para construír palabras como androxinia, andróxeno, androide, androstenediona etc; Andros, illa grega do arquipélago das Cícladas; Andros, illa das Bahamas, unha das máis grandes das Antillas; Andros Patria, petroleiro grego que naufragou á altura das illas Sisargas, fronte a Malpica de Bergantiños, o 31 de decembro de 1978; Edmund Andros, político inglés (1637 - 1714).