miniatura|Praia de Ipanema. Garota de Ipanema, en galego Rapaza de Ipanema, é unha canción de bossa nova escrita en 1962 por Vinícius de Moraes e musicalizada por Antônio Carlos Jobim. Está considerada a mellor das cancións escritas dentro da bossa nova, e foi un dos maiores éxitos musicais a mediados dos setenta. Helô Pinheiro foi a modelo que inspirou a canción.
A canción foi composta orixinalmente para unha comedia musical titulada Dirigível, que era unha obra na que estaba traballando Vinícius de Moraes. O título orixinal era "Menina que Passa". A primeira gravación comercial fíxoa Pery Ribeiro en 1962. A versión de Astrud Gilberto, co seu esposo João Gilberto e o saxofonista estadounidense Stan Getz, que aparece no álbum Getz/Gilberto de 1963, converteuse nun éxito internacional e foi utilizada en moitas películas, converténdose nun cliché dos frívolos anos 60.
En 1963 Norman Gimbel fixo unha adaptación da letra en inglés, "The Girl from Ipanema".
miniatura|150px|esquerda|Helô Pinheiro. A canción está inspirada en Heloísa Eneida Menezes Paes Pinto (tamén coñecida como Helô Pinheiro), unha moza de 18 anos que vivía sobre a rúa Montenegro, no distinguido e famoso barrio Ipanema, no Río de Xaneiro. Cada día pasaba polo popular bar-café “Veloso” camiño á praia, atraendo a atención dos concorrentes, entre eles Jobim e Moraes. En Revelação: a verdadeira Garota de Ipanema, Moraes escribiu que ela era:
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Letra da canción
Categoría:Composicións musicais de Vinicius de Moraes Categoría:Composicións musicais de Antonio Carlos Jobim Categoría:Composicións musicais do século XX Categoría:Composicións musicais con todos os dereitos reservados Categoría:Cancións Categoría:Bossa novas