I Muvrini é un grupo de música folk corso que canta música corsa en lingua corsa.
Historia O grupo formouse a comezos dos oitenta polos irmáns Ghjuvan Francescu Bernardini e Alanu Bernardini, que naceron na vila de Tagliu-Isulacciu ao norte de Córsega. O seu nome tomárono dunha caste de ovella salvaxe que vive nas montañas de Córsega.
Os irmáns Bernardini foron introducidos á música tradicional corsa a unha idade temperá polo seu pai, Ghjuliu Bernardini, que era un coñecido poeta e cantante. Gravaron o seu primeiro single co seu pai en colaboración co grupo Canta u Populu Corsu. Ghjuliu Bernardini morreu en decembro de 1977 e o primeiro álbum de I Muvrini''', I Muvrini ... ti ringrazianu, que saiu á venda en 1979, foi dedicado á memoria do seu pai.
En 2000, I Muvrini xuntouse con Sting para gravar a súa máis famosa canción, "Terre d'Oru" (en inglés Fields of Gold).
A través da súa carreira musical promoveron a lingua e a cultura corsas.
Membros Ghjuvan Francescu Bernardini - voces Alanu Bernardini - voces Stephane Mangantini - voces Achim Meier - sintetizador e piano Patrick Manouguian/Manu Vergeade/César Anot/Mao Otayeck/Abdenour Djemai - guitarras Paco Sery - batería César Anot - baixo e voces Amar Mohali - tambores
Colaboracións Nos últimos anos, I Muvrini teñen cantado e colaborado con outros artistas: Anggun: "Streets of Philadelphia". Tina Arena: "A voce rivolta". Véronique Sanson: Le temps est assasin. Nana Mouskouri: Here's to you. Stephan Eicher: Dis-moi où et Un rêve pour vivre. MC Solaar: Jalalabad. Sting: Terre d'oru. Lais: Noi. Luz Casal: Erein Eta joan. Ute Lemper: Amsterdam. Florent Pagny: Terra. Angelo Branduardi: La morte di Francesco. Lluís Llach e Dan Gararibian: Vo lu mondu.
Discografía seleccionada Álbums de estudio 1979 - Ti Ringrazianu 1980 - Campemucci 1980 - Anu da Vulta 1981 - Rundinella 1984 - E campà quì 1985 - I Muvrini 85 1986 - Lacrime 1987 - A l'encre rouge 1988 - Pe l'amore di tè 1989 - Quorum 1990 - In core (live) 1991 - A voce rivolta 1993 - Noi 1994 - Zenith 93 1995 - Curagiu 1996 - Bercy 96 1998 - Só 1998 - Leia 2000 - Pulifunie 2000 - A strada 2002 - Umani 2003 - Terra 2005 - Alma 2007 - I Muvrini et les 500 choristes 2008/2009 - Le dieux EROS (disco aínda inédito)
Vídeos e DVDs I Muvrini at Bercy '96 Giru FR3 Zenith '92 Terra Alma 2005''
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial de I Muvrini Terracorsa.info, información acerca de I Muvrini e Córsega Muvrini.info, sitio en alemán Curagiu.com, algunha información www.imuvrini.eu, información sobre I Muvrini (en Inglés, Francés, Alemán, Neerlandés).
Categoría:Grupos musicais de Córsega Categoría:Grupos musicais de folk corso Categoría:Participantes nos Enfoirés Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira