Cecil Frank Powell, nado o 5 de decembro de 1903 e finado o 9 de agosto de 1969, foi un físico británico.

Traxectoria Powell foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1950 polo seu desenvolvemento do método fotográfico de estudar os procesos nucleares e polo resultante descubrimento do pión (pi-mesón), unha partícula subatómica pesada. Os seus colaboradores no estudo, publicado en 1947, foron Giuseppe Occhialini, H. Muirhead e o mozo físico brasileiro César Lattes. O pión demostrou ser a partícula hipotética proposta en 1935 por Yukawa Hideki do Xapón na súa teoría de física nuclear.

Powell tamén foi galardoado coa Medalla de Ouro Lomonosov en 1967, e foi un asinante do Manifesto Russell-Einstein en 1955. Foi educado na Judd School, Tonbridge e o Sidney Sussex College, Cambridge.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía no sitio oficial dos Premios Nobel Centenary of particle pioneer

Categoría:Físicos do Reino Unido Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Nados en Kent, Inglaterra