Perturbación é acción e efecto de perturbar ou perturbarse. Pode referirse á alteración dunha función física ou psíquica, e en xeral dise da variación no medio respecto a unhas condicións de equilibrio.
En física unha perturbación é un efecto que pode ser tratado matematicamente de forma aproximada. Poden ser consideradas perturbacións o cálculo das órbitas dos planetas, o efecto principal é a forza exercida polo sol, a gravidade dos demais planetas...
Tamén pode referirse a:
En teoría perturbacional, corrección a un modelo utilizada para atopar solucións matemáticas aproximadas a problemas de Física que non poden ser resoltos con exactitude.
Perturbación (ecoloxía), acontecemento puntual que altera o equilibrio nun ecosistema.
Perturbación (xeoloxía), cambios na natureza dos depósitos aluviais no tempo.
Perturbación (astronomía), alteracións que a órbita dun obxecto causa por interaccións gravitacionais con outros corpos.
Perturbación (do fluxo gasoso), cotovelo, conexión, cambio de sección, chama directa, etc. Nunha cheminea ou conduto.
Perturbacións da linguaxe: Anomalías na comunicación verbal.
Perturbacións nunha transmisión: Interferencias na transmisión de datos.
Perturbación ionosférica súbita, fenómeno de ionización do plasma.
Categoría:Homónimos