A cerceta fermosa, coñecida tamén como cerceta do Baikal, (Anas formosa ou Nettion formosum) é unha pequena anátida migratoria asiática. As probas moleculares realizadas á especie (Johnson & Sorenson, 1999) e os estudos de conduta (Johnson et al., 2000) suxiren que a cerceta do Baikal non ten parentes próximos entre os parrulos viventes, polo que debería ser clasificada dentro dun xénero zoolóxico distinto de Anas.

Descrición As cercetas fermosas son algo meirandes e de cola máis longa cá cerceta común. Miden entre 39 e 43 cm e longo, de 30 a 40 cm de alto e pesan uns 500 gramos. O macho na época de reprodución ten a cabeza cun deseño verde, amarelo e negro é unha liña vertical no lado do peito que o fan inconfundible. En plumaxe de eclipse imitan moito ás femias, pero teñen a plumaxe máis avermellada. As femias teñen tamén un debuxo característico na cabeza, cunha mancha redonda pequena pero prominente de cor branca nas meixelas e unha faixa escura detrás dos ollos. As observacións de femias con marcas en xeito de "bridas" na cara poderían corresponder en realidade a machos novos Dunn, John L. and Alderfer, Jonathan, "National Geographic Field Guide to the Birds of North America, Fifth Edition" ISBN 0-7922-5314-0, que teñen unha plumaxe semellante á das femias e que se distinguen dos da cerceta común pola mancha abrancazada na cara.

Distribución Crían nas zonas forestais siberianas dende a cunca do Ienisei ata a península de Kamchatka. Os principais puntos de invernada están no Xapón, Corea e norte e leste da China. Durante a época da muda das plumas, en xullo, algúns machos emigran as costas árticas, e outros complétana nos lugares de cría.

Alimentación Aliméntanse de plantas e pequenos animais que filtran na auga.

Reprodución Nos seus lugares de cría siberianos fan os niños en pantanos, prados asolagados e deltas de ríos. Despois do aparellamento, que ten lugar a mediados de maio, constrúen rapidamente os niños entre a vexetación das ribeiras, cavando un furado no chan que cobren con penuxe. Poñen, entre maio e xuño, de 6 a 10 ovos, que tardan uns 26 días en eclosionar. Os polos pesan ó naceren uns 30 g.

Ameazas e situación da especie A destrución dos seus lugares de repouso invernal e a caza fixeron dela unha especie ameazada de extinción, e foi clasificada como "vulnerable" pola IUCN. Algúns libros recentes afirman, porén, que a especie está a vivir unha certa recuperación.Dunn, John L. and Alderfer, Jonathan, "National Geographic Complete Birds of North America", ISBN 0-7922-5314-0. Calcúlase que hai uns 300.000 exemplares en todo o mundo.

Estas aves son criadas en Europa dende 1840, cando chegaron os primeiros exemplares importados.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía A cerceta fermosa na "Lista vermella de especies ameazadas", da Inclúe un mapa de distribución e os datos que xustifican a súa clasificación como Vulnerable (inglés) Johnson, Kevin P. & Sorenson, Michael D. (1999): Phylogeny and biogeography of dabbling ducks (genus Anas): a comparison of molecular and morphological evidence. Auk 116(3): 792–805. (inglés) PDF fulltext Johnson, Kevin P. McKinney, Frank; Wilson, Robert & Sorenson, Michael D. (2000): The evolution of postcopulatory displays in dabbling ducks (Anatini): a phylogenetic perspective. Animal Behaviour 59(5): 953–963 PDF fulltext

Ligazóns externas Avibase-Datensatz Cerceta fermosa (Anas formosa) Union de criadores de aves decorativas ARKive - imaxes e películas sobre a cerceta fermosa(Anas formosa)

Categoría:Anátidos Categoría:Animais descritos en 1775