A cova de Valporquero é unha cavidade subterránea que está situada en Valporquero de Torío, no concello de Vegacervera, ao norte da provincia de León. A caverna abriuse ao público en 1966.

Descrición A entrada á cova atópase a unha altitude de 1.309 metros sobre o nivel do mar. Ten un nivel superior de 1300 metros de lonxitude, habilitado para a visita turística. Un nivel inferior ocupado por un río, con 3.150 metros de lonxitude visitable por espeleólogos e expertos. A temperatura interior é duns 7 graos centígrados, que se mantén constante durante todo o ano. A humidade é do 99%.

Salas O percorrido turístico é guiado, a través das 7 salas: Pequenas marabillas Gran rotonda Fadas Cemiterio estalactítico Gran vía Columna solitaria Marabillas

Poden contemplarse formacións de estalactitas e estalagmitas. Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial da Cova de Valporquero Fotos da Cova de Valporquero

Valporquero Valporquero Valporquero