O Club Waterpolo Santiago é un club de wáter-polo con incidencia na cidade de Santiago de Compostela e tamén en toda a comarca de Santiago. Fundouse no ano 2004 ao separarse do Club Natación Santiago, que non só abarcaba o deporte do wáter-polo, se non tamén a natación. Conta na actualidade con 90 socios e un orzamento de 17.000 euros. O Waterpolo Santiago ten como piscina de xogo a de Santa Isabel, á que se lle suma a piscina do Sar nos adestramentos. Ten equipos alevín mixto, infantil mixto, cadete mixto, xuvenil e absoluto, cun total de 60 waterpolistas entre tódalas categorías.
Logros deportivos Tempada 2004-05 Categoría infantil: 2º posición no campionato galego de inverno e 2º posición no campionato galego de verán. Categoría xuvenil: 3º posto na liga e na copa. Categoría absoluta: 2º posto na liga e na copa
Tempada 2005-06 Categoría infantil: 4º na liga e nos campionatos galegos de inverno e verán. Categoría xuvenil: 2ª posición na liga, 2ª posición na copa. Categoría absoluta: 2º posto na liga, 2º posto na copa.
Véxase tamén
Outros artigos
Liga Galega de Waterpolo Ligazóns externas Blog do Waterpolo Santiago
Categoría:Clubs de natación e wáter-polo de Galicia Categoría:Deporte en Santiago de Compostela