T. Rex (orixinalmente chamada Tyrannosaurus Rex) foi unha banda de rock inglesa fundada en Londres nos anos 1960 que tivo éxito como grupo de glam rok nos anos 1970.

Tyrannosaurus Rex A banda fundouna Marc Bolan en 1967 e tocou só unha vez como quinteto en The Roundhouse antes de separarse. Logo continuou, reducida a dúo, formado por Marc Bolan e Steve Took, editando tres álbums producidos por Tony Visconti.

O son era unha especie de folk rock dunha terra imaxinaria, con guitarras acústicas e diferentes e exóticas percusións. As letras falaban de seres estraños, elfos, fadas, magos e trasnos. Tiveron unha notable aceptación entre os hippies londinienses de finais dos sesenta. Nesta época foron moi apoiados polo famoso xornalista musical John Peel. Pero o auténtico desexo de Marc Bolan era ser unha verdadeira estrela e, tras unha decepcionante xira polos Estados Unidos, despediu a Steve e recrutou un novo percusionista, Mickey Finn, con quen gravou un cuarto álbum aínda baixo o nome de Tyrannosaurus Rex.

T. Rex Co álbum T. Rex, de 1970, a banda non só recortou definitivamente o seu nome, senón que ademais pasou aos instrumentos eléctricos. A partir de entón obtiveron os seus maiores éxitos comerciais.

A banda acabou os seus días cando Marc Bolan morreu nun accidente de tráfico en 1977, antes de cumprir os 30 anos.

Discografía Álbums Como Tyrannosaurus Rex Ano Título Discográfica Posición nas listas de éxitos británicas 1968 My People Were Fair and Had Sky in Their Hair... But Now They're Content to Wear Stars on Their Brows A&M Records 15 1968 Prophets, Seers & Sages – The Angels of the Ages A&M Records 1969 Unicorn 12 1970 A Beard of Stars Blue Thumb Records 21

Como T. Rex Ano Título Discográfica Posición nas listas de éxitos británicas 1970 T. Rex Fly 13 1971 Electric Warrior Fly/Reprise 1 1972 The Slider EMI/Reprise 4 1973 Tanx EMI/Reprise 4 1974 Zinc Alloy and the Hidden Riders of Tomorrow 12 1975 Bolan's Zip Gun Mercury 1976 Futuristic Dragon Mercury/EMI 50 1977 Dandy in the Underworld EDSEL Records 26

Compilacións Ano Título Discográfica Posición nas listas de éxitos británicas 1971 The Best Of T. Rex 21 1972 Bolan Boogie Castle 1 1973 Great Hits 32 1974 Light of Love(U.S. Release combining tracks from Zinc Alloy e Bolan's Zip Gun) EMI/Reprise

Sinxelos Como Tyrannosaurus Rex Ano Título Discográfica Posición nas listas de éxitos británicas 1968 Debora 34 1968 One Inch Rock 28 1969 Pewter Suitor 1969 King of the Rumbling Spires 44 1970 By the Light of a Magical Moon

Como T. Rex Ano Título Discográfica Posición nas listas de éxitos RU EUA Can 1970 Ride a White Swan 2 76 48 1971 Hot Love 1 72 47 1971 Get It On Fly/Reprise 1 10 12 1971 Jeepster 2 - 73 1972 Telegram Sam Fly/Reprise 1 67 66 1972 Metal Guru 1 - 45 1972 Children of the Revolution 2 - - 1972 Solid Gold Easy Action 2 - - 1973 20th Century Boy 3 - - 1973 The Groover 4 - - 1973 Truck On (Tyke) 12 - - 1974 Teenage Dream 13 - - 1974 Light of Love 22 - - 1974 Zip Gun Boogie 41 - - 1975 New York City 15 - - 1975 Dreamy Lady 30 - - 1976 London Boys 40 - - 1976 I Love to Boogie 13 - - 1976 Laser Love 41 - - 1977 The Soul of My Suit 42 - - 1977 Dandy in the Underworld - - - 1977 Celebrate Summer - - -

Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de glam rock Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico