Manuel Prego Chas, nado en Meirás (Sada) en 1907 e finado en Veigue (Sada)Supostamente, xa que foi alí onde apareceu o seu cadáver, aínda que non se sabe con certeza o lugar en que foi asasinado o 12 de agosto de 1936, foi un sindicalista sadense de orientación marxista.
Traxectoria Participou activamente no Sindicato de Profesiones Varias de Meirás (1932-1936), que chegou a presidir, e no Sindicato de Oficios Varios de Sada (1931-1936), e foi o fundador do Radio Comunista de Sada (1936).
Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, agochouse xunto a Juan Antonio Suárez Picallo, Antonio Carballeira, José Mosquera Rey e Gumersindo Montero en Meirás. Fuxiron posteriormente os tres primeiros á Coruña. Alí, unhas semanas despois, foron identificados, delatados e apresados polos falanxistas sadenses. Tras sufriren torturas, foron asasinados. Os seus corpos foron achados o 12 de agosto no lugar de Abeleiras.
O seu nome figura na placa instalada no 2007 en Sada en homenaxe ás vítimas da represión franquista.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Velasco Souto, C.: 1936. Represión e alzamento militar en Galiza, A Nosa Terra, 2006. Fernández Santander, C.: Alzamiento y Guerra Civil en Galicia. 1936-1939, Ediciós do Castro, 2007. Arquivo do Reino de Galicia, Fondo do Goberno Civil, G-2552 e G-2563. El Pueblo Gallego Solidaridad Obrera Diario CNT La Voz de Galicia
Ligazóns externas "Víctimas da Guerra Civil de Sada e/ou en Sada" Xenealoxia.org
Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Sada Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1936