San Xurxo de Saiáns é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de San Miguel de Oia polo norte e de Priegue polo sur. Esta parroquia forma parte do arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 29 entidades de poboación, 3 lugares e segundo o IGE, en 2022 tiña 1.143 habitantes (572 homes e 571 mulleres).
As súas entidades de poboación son as seguintes: O Aral (23), Borreiros (9), Budiases (8), A Cachada (13), Cal do Outeiro (86), A Capela (63), Carballido (11), O Castañal (42), A Cova da Barxa (29), A Cova da Becha (41), A Curveira (34), A Devesa (18), A Domeira (34), Estea (23), Fontán (99), O Fortiñón (55), A Gándara (52), Garcías (53), Gondufe (73), As Hortas (19), Miserela (12), Orxás (59), O Pinal (7), O Portiño (54), San Xurxo (23), O Souto (24), A Tomada (56), Vilaverde (26) e A Volta (21). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): As Medoñas e O Outeiro.
Patrimonio No monte das Medoñas localízase un castro e no castro da Estea atopáronse machados da Idade de Bronce. Destacan as ruínas dun conxunto tradicional de vivenda, con estruturas acaroadas, o gran número de muíños e a fonte do barrio de Fontán. Foi a primeira parroquia de Vigo en dispor dun parque forestal.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Saiáns
Parroquias de Vigo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lugares de Vigo
Categoría:Parroquias de Vigo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xurxo