San Paio de Fóra, eclesiasticamente San Paio de Lavadores, é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Candeán, Lavadores, Teis e a cidade de Vigo e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores. Ten 2 entidades de poboación, O Casal e San Paio.
Historia Ata a década de 1970 era un dos barrios máis poboados da parroquia de Lavadores e aínda hoxe se percibe o sentimento de pertenza á devandita parroquia entre a veciñanza. Posteriormente independizouse como parroquia eclesiástica. O Nomenclátor de Galicia recolle esta freguesía. Porén, no Nomenclátor Estatístico de Galicia do IGE, a súa poboación contabilízase xa dentro da cidade de Vigo.
Sitúase nun prominente outeiro, entre as actuais Avenida do Aeroporto e a Rúa de Cantabria.
A igrexa parroquial actual data da década de 1950. Este haxiónimo deriva de SANCT' PELAGIUM, quizais pola presenza dunha vella ermida no lugar baixo a advocación de San Paio. miniatura|460x460px|San Paio, no mapa de parroquias eclesiásticas do concello de Vigo. Conserva un peto de ánimas do século XIX, nun conxunto de casas antigas, e un par de lavadoiros.
Galería de imaxes Tódalas imaxes do artigo están xeolocalizadas. Máis información premendo nelas.
Lugares e parroquias Lugares de San Paio
Parroquias de Vigo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vigo. Ligazóns externas San Paio na páxina do Concello de Vigo.
Categoría:Parroquias de Vigo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio