O Moncayo, ás veces tamén chamado Monte de San Miguel é unha montaña de 2.314,3 m.s.n.m., que forma parte do Sistema Ibérico, situada entre a provincia de Zaragoza (Aragón) e a provincia de Soria (Castela e León), en España. Pola súa altura é a cima máis elevada do Sistema Ibérico e un dos picos emblemáticos da Península Ibérica.
Desde 1978 o contorno onde se ergue está protexido como Parque Natural de la Dehesa del Moncayo cunha superficie de 9.848 ha.
Clima O clima é do máis duro dentro do conxunto do Val do Ebro, aínda que as temperaturas máis baixas se alcanzan nas depresións que cortan os ríos e que poden superar os -15 °C. Ao tempo é a zona máis chuviosa, especialmente na cara setentrional do macizo, onde converxe a nubosidade procedente do noroeste da península, o que fai que as precipitacións medias anuais estean arredor dos 1.000 mm.
Vexetación O relativamente nivel alto de precipitacións, favorece a aparición de plantas propias doutros dominios florais, como o carballo, que se desenvolve nas ladeiras setentrionais baixas, e a faia, que xorde nas zonas de avesedo.
Vías de ascenso Santuario da Virxe do Moncayo (2h). Fonte dos Frailes (2h45). Litago (1h15), pola Fonte dos Frailes. Cueva de Ágreda (2h30). Beratón (2h45).
Moncayo Moncayo