Aleksandr Nikolayevich Bakulev, en ruso Александр Николаевич Бакулев, nado o 7 de decembro de 1890 e finado o 31 de marzo de 1967, foi un cirurxián soviético.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Nado nunha familia campesiña que pertencía ao antigo clan Vyatka dos Bakulevs, Bakulev rematou o ensino secundario e estudou na facultade de Medicina da Universidade de Saratov.

Guerras mundiais e entreguerras Durante a Primeira guerra mundial serviu como oficial médico da Fronte Occidental. En 1938 Bakulev realizou con éxito lobotomías durante o absceso pulmonar crónico. En 1939 gañou o grao académico de Profesor. Realizou lobotomías con éxito durante a actinomicose pulmonar tamén nese ano. En 1943 Bakulev asumiu a xefatura do 2º Instituto de Medicina Pirogov de Moscova. Na Fronte Oriental da Segunda guerra mundial foi o cirurxián xefe dos hospitais de evacuación de Moscova.

Na posguerra En 1948 foi pioneiro en realizar na Unión Soviética a operación para a cura da cardiopatía conxénita. Foi o primeiro en usar radiopacidade na cirurxía do ril durante o transplante de uréteres, realizou a primeira ablación de pulmón con éxito coa canal arterial aberta (1948).

De 1953 a 1960 Bakulev dirixiu a Academia Soviética de Ciencias Médicas. En 1955 suxeriu a fundación do Instituto de Cirurxía Torácica (agora Centro Científico de Cirurxía Cardiovascular Bakulev) do que foi o seu primeiro director.

Recoñecementos En 1958 Bakulev foi elixido como membro da Academia Soviética de Ciencias. Bakulev recibiu a Orde de Lenin, a Orde da Bandeira Vermella do Traballo, a Orde da Estrela Vermella e foi doutor honoris causa da Universidade de Turín.

Véxase tamén

Outros artigos Grande Enciclopedia Soviética

Ligazóns externas Krugosvet.ru Министерство обороны Российской Федерации | Бакулев Александр Николаевич

Categoría:Médicos da Unión Soviética Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Cirurxiáns do Imperio Ruso Categoría:Cirurxiáns da Unión Soviética Categoría:Militares da Unión Soviética Categoría:Premio Lenin Categoría:Personalidades da primeira guerra mundial Categoría:Personalidades da segunda guerra mundial Categoría:Médicos militares Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Turín