A lingua frixia era a lingua indoeuropea dos frixios, un pobo da Asia Menor da Idade de Bronce.
Inscricións
miniatura|dereita|150px|Inscrición frixia na Cidade de Midas O frixio está testemuñado en dous períodos, un a partir de -800 en diante (paleofrixio) e outro tras un período de varios séculos, a partir de preto do comezo da Era Cristiá (neofrixio). O paleofrixio está dividido (xeograficamente) en (entre parénteses as abreviaturas):
inscricións da cidade de Midas (M, W). Gordium. central (C). Bitinia (B). Pteria (P). Tyana (T). Daskyleion (Dask). Bayindir (Bay). "varios" (Dd, documentos diversos).
As inscricións misias parecen pertencer a un dialecto separado (nun alfabeto cunha letra adicional, o "s misio").
Sobreviviu polo menos ata o século VI Peter Charanis, "Ethnic Changes in the Byzantine Empire in the Seventh Century" ("Cambios Étnicos no Imperio Bizantino no Século VII"), Dumbarton Oaks Papers 13:23 (1959) at JSTOR.
Pódese reconstruír algunhas palabras coa axuda dalgunhas inscricións feitas cunha escrita similar ao alfabeto grego.
Fontes
Historiadores antigos e certos mitos ás veces asociaban o frixio ao tracio e quizais mesmo ao armenio, segundo fontes clásicas. Heródoto rexistra na explicación macedonia que os frixios emigraron a Asia Menor a partir da Tracia. Despois, no mesmo texto, Heródoto afirma que os armenios eran colonos dos frixios, aínda sendo considerados así na época de Xerxes I. A máis antiga mención do frixio en fontes gregas, no Himno Homérico a Afrodita, descríbeo como sendo diferente da lingua de Troia: na canción, Afrodita disfrázase de mortal para seducir o príncipe troiano Anquises.
Clasificación
A lingua frixia era probabelmente próximo do tracio, do armenio e do grego. Na maioría dos casos o frixio usaba un alfabeto derivado do alfabeto fenicio. As inscricións dispoñíbeis en frixio aínda non foron traducidas. As inscricións feitas nunha escrita parecida ao alfabeto grego foron traducidas, e parte do vocabulario frixio foi identificado .
Gramática A súa estrutura, que pode ser recuperada, era tipicamente indoeuropea, con substantivos declinados en caso (ao menos catro), xénero (tres) e número (singular e plural), mentres os verbos eran conxugados en tempo, voz, modo, persoa e número. Ningunha palabra está testemuñada en todas as súas formas de inflexión.
Moitas palabras en frixio son moi parecidas ás reconstruídas do protoindoeuropeo. O frixio parece exhibir un aumento, como o grego e o armenio, por exemplo eberet, probabelmente corresponde ao PIE *e-bher-e-t (grego ephere).
Vocabulario
Un conxunto considerábel de palabras frixias é teoricamente coñecido; porén, o significado e as etimoloxías e ata mesmo a forma correcta de moitas palabras frixias (a maioría extraída de inscricións) aínda están sendo debatidos.
Unha palabra frixia coñecida é bekos, que significa "pan". De acordo con Heródoto (Historia 2.9), o faraón Psamético I quería establecer a lingua orixinal. Para este propósito, ordenou que dous cativos fosen educados por un pastor, prohibindo que lles deixase oír unha simple palabra, e ordenándolle que rexistrase as primeiras expresións dos nenos. Tras dous anos, o pastor rexistrou que na entrada da súa habitación, os cativos viñeron ata el, estenderon as súas mans, dicindo bekos. Investigando, o faraón descubriu que esta era a palabra frixia para "pan de trigo". A partir de aí, os exipcios cederon en afirmar que a nación frixia era máis antiga que a deles. A palabra bekos tamén está testemuñada varias veces en inscricións paleofrixias en estelas funerarias. Suxírese que sexa cognada da palabra inglesa bake ("asar", "queimar (do sol)"), a partir do PIE *bʰeH3g (grego pʰogo "asar", latín focus "cheminea", "fogón", armenio bosor "vermello", bots "chama", irlandés goba "ferreiro").
Bedu, de acordo coa Stromata de Clemente de Alexandría, citando a Nearto de Cízico, significa "auga" (PIE *wed). Os macedonios son citados por ter adorado un deus chamado Bedu, que eles interpretaban como "aire". O deus aparece tamén no ritual órfico.
Outras palabras frixias inclúen:
anar, "marido", do PIE *ner-, "home"; cf. grego aner (ανήρ), "home, marido"; albanés njeri, "home, persoa". attagos, "cabra"; cf. grego tragos (τράγος), "cabra, bode"; alemán Ziege, "cabra, bode"; albanés dhi, "cabra (femia do bode)". balaios, "grande, rápido", do PIE *bel-, "forte"; cognato do grego belteros (βέλτερος), "mellor"; ruso bol'shói "grande"; galés balch "orgulloso". belte, "encoro", do PIE *bʰel-, "brillar"; cognato do grego baltos (βάλτος), "encoro"; albanés baltë, "lama, lodo"; búlgaro blato (búlgaro antigo balta), "encoro"; lituano baltas, "branco"; ruso bledny e búlgaro bleden, "pálido". brater, "irmán", do PIE *bʰrater-, "irmán"; cognato do grego pʰrater (φρατήρ), "membro dunha tribo, familia"; persa bratar, "irmán"; ruso e búlgaro brat, "irmán". daket, "facer, causar", do PIE dʰeH1-k- "poñer, poñer"; cognato do latín facere, "facer"; grego titʰenai (τιθέναι), "poñer, poñer, instalar". germe, "quente", do PIE *gʷʰer-, "quente"; cognato do grego tʰermós (θερμός), "quente"; persa garme "quente"; armenio jerm, "quente"; albanés zjarm, "quente". kakon, "dano, enfermidade", do PIE *kako-, "dano"; cf. grego kakós (κακός), "malo, malo"; albanés keq, "malo, mal"; lituano keñti, "ser mal". knoumane, "túmulo", quizais do PIE *knu-, "arañar, rascar"; cognato do grego knao (κνάω), "rañar"; albanés krromë, "caspa, sarna"; alto alemán antigo hnuo, "entalle, fenda, canle", nuoen "alisar cunha raspadeira"; lituano knisti, "cavar". manka, "estela". mater, "nai", do PIE mater-, "nai"; cf. grego meter (μήτηρ), "nai"; persa madar, "nai"; albanés motër, "irmá". meka, "grande", do PIE *meg-, "grande"; grego megas (μέγας), "grande"; albanés madh, "grande". zamelon, "escravo", do PIE *dʰgʰom-, "terra"; grego kʰamelós (χαμηλός), "terreo, planta baixa (adx.), baixo"; serbio e croata zèmlja, "terra, patria"; búlgaro zèmya, "terra", zèmlishte, "patria"; latín humilis, "baixo".
Véxase tamén
Alfabetos de Asia Menor Lingua grega Linguas paleobalcánicas Lingua macedonia antiga Lingua tracia Lingua armenia Lingua persa
Notas
Ligazóns externas
Corpus of Phrygian inscriptions (Arquivo de inscricións frixias) . Lubotsky's Phrygian Etymological Database (Base de datos etimolóxicos frixios) . Phrygia and Phrygians (Frixia e Frixios) .
Categoría:Linguas indoeuropeas Categoría:Linguas mortas de Asia