Hainan (chinés: 海南, pinyin: Hǎinán), provincia insular da República Popular da China formada por diferentes illas; a maior delas é a de Hainan. A súa capital é Haikou. Está situada no Mar da China Meridional, na parte máis meridional do país, moi preto de Vietnam. É a única provincia chinesa constituída por un arquipélago. Este arquipélago consiste nunha serie de illas tropicais localizadas ao sur da provincia de Cantón, a maior das cales se chama Illa de Hainan (Hainan Dao), sendo que, en chinés, é común referirse á illa principal cando se fala de Hainan.

Esta provincia é albo de disputas entre a República Popular da China e os países veciños, maiormente no que toca ás Illas Spratly e ás Illas Paracel. No final dos anos 1980, o líder histórico da transición chinesa, Deng Xiaoping, recoñeceu a provincia como Zona Económica Especial.

Actualmente, a provincia ten investido no turismo, aproveitando as súas praias paradisíacas, as súas montañas cubertas de bosques luxuriantes e a súa cultura diversificada. A montaña máis alta é Wuzhi, con 1 840 metros de altitude.

Características A illa de Hainan ten unha extensión de 34.000 quilómetros cadrados e unha poboación de máis de oito millóns de persoas (2003). Na zona habitan maioritariamente membros das etnias miao e li, con trazos moi parecidos aos vietnamitas. A relixión maioritaria é o budismo, seguida do islam e o cristianismo

Historia A illa foi conquistada polas tropas do emperador Qin Shi Huang aínda que o exército pronto a abandonou debido á resistencia dos li e á falta de atractivos. Hainan foi reconquistada pola dinastía Tang e converteuse no canto de desterro.

Hainan ten o status de provincia desde o ano 1988; antes dependía da administración de Guangdong. Desde ese mesmo ano considérase como zona económica especial. É unha das provincias menos industrializadas de todo o país.

Demografía

División administrativa A provincia de Hainan utiliza un sistema administrativo lixeiramente diferente ao das outras provincias da China. A maioría destas divídense en prefecturas, cada unha das cales se divide por completo a nivel de divisións de condado. As divisións de nivel de condado xeralmente non dependen directamente da provincia. En Hainan, case todas as divisións a nivel de condado (exceptuados os catro distritos) dependen directamente da provincia. Este método de división débese á relativamente escasa poboación de Hainan, duns 8,6 millóns de persoas.

Mapa 500px|Map of Hainan # Nome Capital Caracterese Pinyin Poboación (2010) cidade-prefectura 1HaikouMeilan海口市Hǎikǒu Shì2 046 1892SanyaHedong 三亚市Sānyà Shì685.408*19SanshaYongxing 三沙市Sānshā Shì444 Cidade-subprefectura 3WenchangWencheng文昌市Wénchāng Shì537.4284QionghaiJiaji琼海市Qiónghǎi Shì483.2175WanningWancheng万宁市Wànníng Shì545.5976WuzhishanChongshan五指山市Wǔzhǐshān Shì104.1227DongfangBasuo东方市Dōngfāng Shì408.3098DanzhouNada儋州市Dānzhōu Shì932.362 Condado 9LingaoLincheng临高县Língāo Xiàn427.87310ChengmaiJinjiang澄迈县Chéngmài Xiàn467.16111Ding'anDingcheng定安县Dìng'ān Xiàn284.61612TunchangTuncheng屯昌县Túnchāng Xiàn256.931 Condado autónomo 13Changjiang LiShilü昌江黎族自治县Chāngjiāng Lízú Zìzhìxiàn223.83914Baisha LiYacha白沙黎族自治县Báishā Lízú Zìzhìxiàn167.91815Qiongzhong Li e MiaoYinggen琼中黎族苗族自治县Qióngzhōng Lízú Miáozú Zìzhìxiàn174.07616Lingshui LiYelin陵水黎族自治县Língshuǐ Lízú Zìzhìxiàn320.46817Baoting Li e MiaoBaocheng保亭黎族苗族自治县Bǎotíng Lízú Miáozú Zìzhìxiàn146.68418Ledong LiBaoyou乐东黎族自治县Lèdōng Lízú Zìzhìxiàn458.876 Zona económica especial 20YangpuXinganchong洋浦经济开发区Yángpǔ Jīngjì Kāifā Qū37.000Véxase:Oficina Administrativa das Illas Xisha, Zhongsha e Nansha.

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina web da sede administrativa da Provincia de Hainan

Categoría:Illas da China Categoría:Provincias da China Categoría:Guerra civil chinesa