O 10 de decembro é o 344º día do ano do calendario gregoriano e o 345º nos anos bisestos. Quedan 21 días para finalizar o ano.
Acontecementos 966 - O bispo Sisnando II de Iria doa o Castelo de Aranga ao Mosteiro de Sobrado. 1041 - Miguel V é coroado emperador en Bizancio. 1508 - Constitúese a Liga de Cambrai. 1617 - Turcos e berberiscos atacan con fogo de canón e fusil o porto de Vigo. 1844 - Horace Wells descobre as propiedades anestésicas do óxido nitroso. 1898 - A Paz de París finaliza a guerra entre EEUU e España. 1901 - Concédense por primeira vez os Premios Nobel. 1936 - Fusilados no Monte do Castro os republicanos de Lavadores e Vigo Urbano Rodríguez Moledo, Constante Moreda Vázquez, Manuel Núñez Álvarez, Antonio Sayar Carrera, Manuel Acuña Gómez, Fernando Costas Méndez, Luís Ferreira Vieitez, José González Andreu, Luís Martínez Román, Manuel Moreda Outeiral e José Moreda Vázquez. 1941 - Forzas do Xapón toman Filipinas e Guam durante a segunda guerra mundial 1948 - Na sede das Nacións Unidas en Nova York a ONU proclama a Declaración Universal dos Dereitos Humanos 1956 - Juan Ramón Jiménez recibe o Premio Nobel de Literatura 1954 - Ernest Hemingway obtén o Premio Nobel de Literatura. 1991 - Sinatura do Tratado de Maastricht que abre paso á Unión Europea
Nacementos miniatura|125px|dereita|Emily Dickinson. 1804 - Eugène Sue, folletinista. 1815 - Ada Augusta Lovelace, programadora británica (m. 1852). 1830 - Emily Dickinson, poeta estadounidense (m. 1886). 1870 - Adolf Loos, arquitecto austríaco (m. 1933). 1871 - Xerardo Álvarez Limeses, escritor galego (m. 1940). 1891 - Nelly Sachs, escritora alemá (m. 1970). 1896 - Enrique Hertzog, expresidente boliviano. 1902 - Dulce María Loynaz, poeta cubana. 1908 - Olivier Messiaen, compositor e pedagogo francés (m. 1992). 1920 - Clarice Lispector,escritora e xornalista brasileira (m. 1977). 1923 - Jorge Semprún, escritor, político e cineasta español (m. 2011). 1926 - Leon Kossoff, pintor inglés (m. 2019). 1938 - Liv Ullmann, actriz norueguesa. 1938 - Buciños, escultor galego. 1960 - Kenneth Branagh, actor e director norteirlandés.
Mortes miniatura|125px|dereita|Luigi Pirandello. 1896 - Alfred Bernard Nobel, químico sueco, fundador da institución que leva o seu nome (n. 1833). 1936 - Luigi Pirandello, escritor italiano premio Nobel de Literatura en 1934 (n. 1867). 1936 - Constante Moreda, gaiteiro e militante comunista galego (fusilado). 1936 - Urbano Rodríguez Moledo, escritor galego (fusilado). 1936 - Enrique Blein Budiño, político galego. 1936 - Benito Colín Veiga, político galego. 1991 - Emilio González López, historiador e político galego (n. 1903). 2001 - Xosé Piñeiro Ares, escritor e político galego (n. 1927). 2006 - Augusto Pinochet, ditador chileno.
Festas e celebracións Día Internacional dos Dereitos Humanos. Cerimonia de entrega do Premio Nobel, en Suecia.
Outros
Os 366 días do ano
Categoría:Decembro