Akashi (明石市, あかしし en xaponés, Akashi-shi) é unha cidade localizada no sur da prefectura de Hyōgo, no Xapón.
Historia A cidade desenvolveuse arredor dun castelo construído no século XVII, aínda que se atoparon nos arredores restos fósiles moi antigos. O 17 de xaneiro de 1995 un terremoto destruíu 10 000 casas da cidade, matou 26 persoas e feriu outras 1000.
Xeografía O concello de Akashi limita cos concellos de Kakogawa, Harima, Inami e Kōbe. O meridiano 135 leste, que determina o horario oficial xaponés, pasa por esta cidade.
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Akashi . Sitio web oficial da cidade de Akashi .
Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Hyōgo Categoría:Rexión de San'yō Categoría:Cidades do Xapón