O 18 de novembro é o 322º día do ano no Calendario Gregoriano e o 323º nos anos bisestos. Quedan 43 días para rematar o ano.
Acontecementos 1307 - Segundo a lenda Guillerme Tell disparou unha frecha á mazá colocada sobre a cabeza do seu fillo, comezando así a revolta que deu a Suíza a súa liberdade. miniatura|150px|Óleo (circa 1490-1495) da Inundación do Día de Santa Isabel (18 e 19 de novembro de 1421), de 1275 × 1105 mm, sobre o panel dun altar, que mostra a rotura do dique en Wieldrecht. 1421: en Países Baixos, entre a noite do 18 e a madrugada do 19, unha torrencial tormenta rompe un dique en Wieldrecht. Unhas 72 aldeas son tragadas polas augas e morren entre 2000 e 10 000 persoas. Toda Holanda e Zelandia quedan baixa a auga. (Inundación do día de Santa Isabel). 1541 - Michelangelo finaliza o fresco do Xuízo final da Capela Sistina. 1723 - Fundación da cidade de Ekaterimburgo en Rusia, onde será asasinada a familia imperial rusa en 1918. 1903 - O Tratado de Hay-Buneau-Varilla cede o Canle de Panamá ós Estados Unidos 1916 - Termina a primeira batalla do río Somme, en Francia, na primeira guerra mundial 1918 - Independencia de Letonia 1918 - Finaliza a Asemblea Nazonalista de Lugo e publícase o Manifesto ao Pobo Galego. 1952 - España é admitida na UNESCO, e ingresa formalmente o 30 de xaneiro de 1953. 1978 - Suicidio colectivo en Jonestown, Güiana de 913 adeptos do reverendo Jim Jones, creador da seita Templo do Pobo
Nacementos miniatura|100px|dereita|Louis Daguerre. 1787 - Louis Daguerre, francés, inventor do daguerrotipo (precursor da fotografía) (m. 1851). 1789 - Carl Maria von Weber, compositor romántico alemán (m. 1829). 1809 - Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Allariz, delincuente galego (m. 1854). 1824 - Franz Sigel, militar alemán (m. 1902). 1869 - Maximino Magariños, escultor, ebanista e imaxineiro galego (m. 1927). 1882 - Jacques Maritain, filósofo metafísico francés (m. 1973). 1883 - Vicente Varela Radío, médico e político galego (m. 1950). 1899 - Eugene Ormandy, director de orquestra e violinista húngaro (m. 1985). 1901 - George Gallup, sociólogo norteamericano (m. 1984). 1929 - Odón Luís Abad Flores, escritor e enxeñeiro agrónomo galego. 1930 - J.G. Ballard, escritor de ficción científica británico (m. 2009). 1934 - Dino Pacio Lindín, sociólogo e profesor galego fundador de Solidaridad Humana. 1953 - Alan Moore, guionista de banda deseñada. 1968 - Owen Wilson, actor estadounidense. 1974 - Chloë Sevigny, deseñadora de modas e ex-modelo estadounidense.
Mortes 1922 - Marcel Proust, escritor francés (n. 1871). 1941 - Walther Hermann Nernst, físico e químico alemán (n. 1864). 1952 - Paul Éluard, poeta francés (n. 1895). 1954 - Dionizy Kajetanowicz, presbítero católico armeno-polaco, no gulag. 1962 - Niels Bohr, científico dinamarqués (n. 1885). 1996 - Eliseo Alonso, escritor galego (n. 1924). 2002 - James Coburn, actor estadounidense (n. 1928). 2009 - Antonio Olives Quintás, político galego (n. 1952).
Festas e celebracións Día da Independencia, en Letonia Día Europeo para o uso prudente dos AntibióticosBoletín Epidemiolóxico de Galicia nº 2, 2008.
Outros
Os 366 días do ano Notas
Categoría:Novembro