O 21 de xuño é o 172º día do ano do calendario gregoriano e o 173º nos anos bisestos. Quedan 193 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1940 - Segunda guerra mundial: Francia rendese á Alemaña. 1945 - Segunda guerra mundial: fin da batalla por Okinawa. 1949 - A Garda Civil mata en Silán (Muras) os guerrilleiros José Pedreira de la Iglesia, Juan Gallego Abeledo, Josefa Escourido Cobo, Juan Pérez Dopico e Celia González Pernas.
Nacementos miniatura|100px|Jean-Paul Sartre. 1870 - Clara Immerwahr, química (m. 1915) 1882 - Lluís Companys, Presidente da Generalitat de Cataluña (1934-1940) durante a Segunda República Española (m. 1940). 1903 - José Almoina, escritor e político galego (m. 1960). 1905 - Jean-Paul Sartre, filósofo francés (m. 1980). 1935 - Françoise Sagan, escritora francesa. 1939 - Domingos Merino, político galego. 1947 - Fernando Savater, filósofo e escritor español. 1956 - Michel Platini, futbolista francés. 1961 - Manu Chao, músico e cantante francés. 1962 - Marieta Quesada Legido, pintora galega. 1963 - Gosho Aoyama, debuxante de manga coñecido por ser o creador d'O Detective Conan. 1986 - Álvaro Gago, cineasta vigués.
Mortes miniatura|100px|Niccolò Machiavelli. 1400 - Ricardo II, rei de Inglaterra (n. 1367). 1527 - Niccolò Machiavelli, historiador, filósofo e político italiano (n. 1469). 1652 - Inigo Jones, arquitecto inglés (n. 1573). 1773 - Jorge Juan y Santacilla, científico español (n. 1713). 1868 - Sarah Mather, inventora 1874 - Anders Jonas Ångström, astrónomo sueco (n. 1814). 1901 - Miguel Colmeiro Penido, botánico galego (n. 1816). 1908 - Nikolai Rimskii-Korsakov, compositor ruso (n. 1844). 1914 - Bertha von Suttner, pacifista e escritora austrohúngara (n. 1843). 1957 - Johannes Stark, físico alemán (n. 1874).
Festas e celebracións Día Europeo da Música Día Mundial contra a Esclerose Lateral Amiotrófica Día Internacional do Ioga Día Internacional do Sol, coincidindo co solsticio de verán.
Outros Santoral: Santos Luís Gonzaga, Ramón, Rodolfo, Terencio. Solsticio de verán no hemisferio norte, e solsticio de inverno no hemisferio sur.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Xuño