O 21 de novembro é o 325º día do ano no Calendario Gregoriano e o 326º nos anos bisestos. Quedan 40 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1272 - En Inglaterra, tras a morte do rei Henrique III (o 16 de novembro), o seu fillo, Eduardo I convértese en rei. 1877 - Thomas Alva Edison anuncia a invención do fonógrafo. 1920 - En Dublín ten lugar o Domingo Sanguento. 1962 - Durante a Guerra Indo-Chinesa, o Exército de Liberación Popular Chinés declara un alto o fogo unilateral. 1979 - A embaixada estadounidense en Islamabad (Paquistán) é atacada e incendiada por unha turba. 2002 - Bulgaria, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Letonia, Lituania e Romanía son invitadas a unirse á OTAN.

Nacementos miniatura|100px|dereita|Voltaire. 1694 - Voltaire, filósofo francés (m. 1778). 1760 - Manuel Pardo de Andrade, un dos pais do xornalismo galego, foi escritor e un comprometido activista da causa liberal, motivo polo que tivo que exiliarse. 1785 - William Beaumont, cirurxián militar estadounidense (m. 1853). 1870 - Alexander Berkman, escritor anarquista lituano (m. 1936). 1897 - Jesusa Prado, política e revolucionaria galega (m. 1971). 1898 - René Magritte, artista surrealista belga (m. 1967). 1904 - Coleman Hawkins, saxofonista e clarinetista de jazz estadounidense (m. 1969). 1922 - María Casares, actriz que triunfou no exilio en Francia (m. 1996). 1941 - Julio Anguita, político comunista andaluz. 1941 - Michel Suleiman, presidente do Líbano. 1944 - Miguel Barros Puente, escritor e político galego. 1954 - Carmen Avendaño, activista contra o narcotráfico galega. 1962 - Senén Barro Ameneiro, ex-reitor da Universidade de Santiago de Compostela 1965 - Björk, cantante, compositora e actriz islandesa. 1967 - Rafael Louzán, político galego. 1968 - Alex James, músico inglés. 1985 - Carly Rae Jepsen, cantautora canadense.

Mortes miniatura|100px|dereita|Henriette Roland Holst. 1878 - Francisco Salmerón, político e ministro español (n. 1822). 1881 - Santiago Durán Lira, militar e mariño galego (n. 1878). 1907 - Paula Modersohn-Becker, pintora alemá (n. 1876) 1916 - Arquiduque Francisco Xosé, emperador de Austria (n. 1830). 1918 - Francisco Romero Blanco, médico galego (n. 1838). 1922 - José Sellier, fotógrafo galego (n. 1850). 1922 - Ricardo Flores Magón, xornalista, escritor e político anarquista mexicano (n. 1873). 1936 - Fortunato Carreras Trigo, funcionario e político galego. 1952 - Henriette Roland Holst, poeta holandesa (n. 1869).

1970 - Chandrasekhara Venkata Raman, físico indio (n. 1888).

2000 - Ernest Lluch, político catalán (n. 1937). 2007 - Fernando Fernán Gómez, escritor, actor, guionista, director de cine e de teatro español. 2015 - Carlos Oroza, poeta galego (n. 1923).

Festas e celebracións Día Mundial da Televisión . Día Mundial da Filosofía. Día Nacional do Ictus. Día Internacional da Espiña Bífida.

Outros

Notas

Os 366 días do ano

Categoría:Novembro