Carriarico ou Chiariarico foi, segundo Gregorio de Tours na súa Historia Francorum, un rei suevo de Galiza entre os anos 550 e 559, responsable da conversión dos suevos ao catolicismo. Sucedeuno Teodomiro.

Historia Francorum Gregorio de Tours narra a miragrosa curación do seu fillo e herdeiro, enfermo dunha terrible lepra que flaxelaba o reino, grazas a unhas reliquias de san Martiño de Tours levadas por mar de Tours a Braga por unha delegación sueva enviada a tal fin e como Carriarico, como agradecemento, convértese ao catolicismo no ano 550 xunto coa súa familia.

Dúbidas sobre a súa historicidade A pesar de que os frecuentes contactos entre as cortes sueva e merovinxia e a posición de Tours coma enclave nos movementos comerciais entre Galiza e a Galia puideron outorgar a Gregorio de Tours abundante información sobre a Galiza de finais do século VI, dubídase sobre a existencia real deste rei CarriaricoAntonino González Blanco, 2006, Espacio y tiempo en la percepción de la antigüedad tardía, Editum, cuxo nome é o xermánico *HarjareikazGregorio de Tours representa en xeral o son aspirado xermánico [h] mediante o dígrafo ‘ch’..

O seu nome coincide curiosamente co doutro rei citado por Gregorio de Tours. Este Carriarico, que tamén tiña un fillo home, foi un rei alamano, rival de Clodoveo, que tamén morrería coma católico ao ser feito tonsurar xunto ao seu fillo e ser ordenados presbítero el e diácono o seu fillo por Clodoveo logo da súa vitoria.

Talvez corresponda co rei Ariamiro ( < *Harjameraz, os seus nomes comparten o mesmo primeiro elemento), quen ordenou e confirmou o primeiro concilio de Braga, celebrado para combater o priscilianismo.

Harjareikas [Haryari:kas] “Rei do Exército” é nome común da documentación medieval galega, na súa forma Argericus [Aryeri:kus], con perda da aspiración xermana. Tamén existe unha toponimia asociada: Arxeriz (O Saviñao) < *(vila) *Harjerici = “Vila de Arxerico”. Argeriz (Valpaços, VR) < *(vila) *Harjerici = “Vila de Argerico".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de monarcas de Galicia Reino suevo Lista de reis suevos Ligazóns externas Fragmentos da Historia Francorum de Gregorio de Tours (en español)

Categoría:Reis suevos Categoría:Reis de Galicia Categoría:Finados en 559