Tulkas é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, que aparece na súa obra O Silmarillion. É un dos Valar, os seres anxelicais que custodian e gobernan Arda (o mundo no universo de Tolkien). Tamén se lle coñece polo alcume Astaldo, que significa o Valente.

Personaxe Tulkas é descrito como un home de cabelo e barba dourados e cute rubia, que non precisa de cabalo, xa que é incansábel e corre máis rápido ca ningún outro ser.J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0-04-823139-8, "Valaquenta", páx. 31 Non lle interesan nin o futuro nin o pasado, e é o máis guerreiro dos Valar. Foi o último deles en descender a Arda para axudar aos demais na guerra que estaban a librar contra Melkor, o Vala maligno. Melkor fuxiu ante a súa chegada, co que comezou a Primavera de Arda.

Logo da creación das Dúas Lámpadas e de que os Valar estabelecesen a súa primeira morada en Almaren, Tulkas casou con Nessa durante un grande banquete disposto por Manwë. Despois adormeceu, momento que aproveitou Melkor para entrar na Terra Media sen ser vistoJ.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 0-04-823139-8, "Quenta Silmarillion", páx. 40.

De Tulkas dise que goza coa loita, usando só as súas mans como armas, e cos concursos de forza; que tarda en anoxarse mais que tamén tarda en perdoar; por iso foi un dos Valar que se opuxo á liberación de Melkor do seu presidio logo deste tentar conquistar o mundo. Dise tamén que aínda que non resulta útil como conselleiro, é un amigo rexo.

Notas

Categoría:Valar