A hercogamia é o conxunto de mecanismos de separación espacial que evitan a autopolinización debido á posición relativa dos estames e carpelos.
Tipos Segundo a posición relativa de anteras e estigmas pode ser:
De aproximación: os estigmas localízanse por enriba das anteras. Revertida: os estigmas atópanse por debaixo das anteras. Recíproca ou heterostilia: desigualdade en dous (distilia) ou tres (tristilia) tipos de flores hermafroditas dunha poboación caracterizadas pola disposición e lonxitude recíproca de anteras e estigmas.
Categoría:Termos botánicos Categoría:Reprodución vexetal