Parada é un lugar da parroquia de Xuño no concello coruñés do Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 77 habitantes (38 homes e 39 mulleres).

Parada linda ao norte con Carballido, ao leste con Rial, e ao sur con Carballosa estas últimas pertencentes a San Pedro de Muro.

Descrición Está composta por pequenos núcleos do poboación que se solapan. Comezando polo norte e seguindo o curso da estrada AC-550 que a atravesa, a ambas as ribeiras da estrada atópase Parada de Arriba, onde radicaba a antiga taberna e ultramarinos. Ao outro lado da estrada atópanse varias casas, e detrás delas sitúase Parada de Abaixo, por onde pasa o río.

Parte da poboación desta aldea emigrou aos Estados Unidos e a Bélxica.

Lugares e parroquias Lugares de Xuño

Parroquias do Porto do Son

Categoría:Lugares do Porto do Son