miniatura|O artigo 48 da Carta de Dereitos da Unión Europea consagra a presunción de inocencia. A presunción de inocencia é un principio xurídico que se basea en que toda persoa é inocente ata que se demostre a súa culpabilidade. No caso de que o xuíz non estea seguro desta, e así o argumente na sentenza, deberá entón ditar un fallo absolutorio.
A presunción de inocencia é un dereito humano A presunción de inocencia é un dos dereitos humanos consagrados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos e en tratados internacionais sobre dereitos humanos como, por exemplo, a Convención Americana sobre Dereitos Humanos ou Pacto de San José de Costa Rica.
Véxase tamén Outros artigos Onus probandi In dubio pro reo Proba diabólica
Categoría:Dereito procesual Categoría:Principios do dereito