O Secretariado Xeral das Nacións Unidas é o órgano administrativo cuxo titular é a máxima representación diplomática das Nacións Unidas. Entre as súas competencias atópase a de convocar o Consello de Seguridade, a Asemblea Xeral, o Consello Económico e Social e outros organismos da ONU. A Carta das Nacións Unidas declara que quen traballen nesta deben asegurar "o máis alto grao de eficiencia, competencia e integridade" tratando que exista a máis ampla representación xeográfica
O Secretario Xeral é nomeado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas a recomendación do Consello de Seguridade. Este é un dos aspectos criticados da organización, que non realiza unha elección directa polos cidadáns do mundo.
O seu mandato ten unha duración de cinco anos podendo ser reelixido ao finalizar este. Está asistido por múltiples colaboradores en todo o mundo e entre as súas obrigacións atópanse a axuda á resolución de conflitos internacionais, administrar operacións en prol do mantemento da paz, organizar conferencias internacionais e reunir información na implementación* de medidas tomadas polo Consello de Seguridade.
Secretarios Xerais de Nacións Unidas
Trygve Lie (Noruega) 1946-1953 Dag Hammarskjöld (Suecia) 1953-1961 Sithu U Thant (Myanmar) 1961-1971 Kurt Waldheim (Austria) 1972-1981 Javier Pérez de Cuéllar (Perú) 1982-1991 Butros Butros-Ghali (Exipto) 1992-1996 Kofi Annan (Ghana) 1997-2006 Ban Ki-moon (Corea do Sur) 2007-2016 António Guterres (Portugal) 2017-
Categoría:ONU