A Torre de Belén (en portugués "Torre de Belém") é un dos monumentos máis expresivos da cidade de Lisboa. Localízase na marxe dereita do río Texo, onde existiu outrora a praia de Belén. Inicialmente cercada polas augas en todo o seu perímetro, progresivamente foi envolvida pola praia, ata se incorporar hoxe á terra firme.
Clasificada como Patrimonio Mundial pola UNESCO, o 7 de xullo de 2007 foi elixida como unha das Sete marabillas de Portugal.
Historia Orixinalmente baixo a invocación de San Vicente de Saragoça, patrón da cidade de Lisboa, designada no século XVI polo nome de Baluarte de san Vicente a par de Belén e por Baluarte do Restelo, esta fortificación integraba o plano defensivo da barra do río Texo proxectado á época de Xoán II (1481-1495), integrado na marxe dereita do río polo Baluarte de Cascais e, na esquerda, polo Baluarte da Caparica.
O cronista García de Resende foi o autor do seu risco inicial, tendo rexistrado: 250px|miniatura|esquerda
A estrutura comezaría a edificarse en 1514, baixo o reinado de Manuel I (1495-1521), tendo como arquitecto Francisco de Arruda. Localizábase sobre un afloramento rochoso nas augas do río, fronteiro á antiga praia de Belén, e destinábase a substituír a antiga nao artillada, ancorada naquel lugar, de onde partían as frotas para as indias. As súas obras ficaron a cargo de Diogo Boitaca, que nesa época tamén dirixía as xa adiantadas obras do veciño Mosteiro dos Xerónimos.
Concluída en 1520, foi o seu primeiro alcaide Gaspar de Paiva, nomeado para a función ao ano seguinte.
Coa evolución dos medios de ataque e defensa, a estrutura foi, gradualmente, perdendo a súa función defensiva orixinal. Ao longo dos séculos utilizouse como rexistro aduaneiro, posto de sinalización telegráfico, e farol. As súas polvoreiras foron usadas como alxubes para presos políticos durante o reinado de Filipe I (1580-98), e, máis tarde, por Xoán IV (1640-1656). O Arcebispo de Braga e Primado das Españas, Sebastião de Matos de Noronha (1636-1641), por coalición con España e facendo fronte a Xoán IV, foi preso e mandado recluso para a Torre de Belén.
Sufriu varias reformas ao longo dos séculos, principalmente a do século XVIII que privilexiou as ameas, o varandín do baluarte, e o recanto da Virxe cara ao río e o claustro.
Clasificada como Monumento Nacional por Decreto do 10 de xaneiro de 1907, foi declarada pola UNESCO como Patrimonio Cultural de toda a Humanidade no 1983.
Características miniatura|300px|A eterna Torre de Belén, o maior ex-libris de Lisboa. O monumento reflicte influencias islámicas e orientais, que caracterizan o estilo manuelino e marca o fin da tradición medieval das torres da homenaxe, ensaiando un dos primeiros baluartes para artillaría en Portugal.
Parte da súa beleza reside na decoración exterior, adornada con cordas e nós esculpidas en pedra, galerías abertas, torres de vixía no estilo mourisco e ameas en forma de escudos decoradas con esferas armilares, a cruz da Orde de Cristo e elementos naturalistas, como un rinoceronte, alusivos ás navegacións. O interior gótico, por baixo da azotea, que serviu como armaría e prisión, é moi austero.
A súa estrutura componse de dous elementos principais: a torre e o baluarte. Nos ángulos da plataforma da torre e do baluarte, sobresaen garitas cilíndricas coroadas por cúpulas de gomos, ricamente decorada en cantaría de pedra.
A torre cuadrangular, de tradición medieval, érguese con cinco andares por riba do baluarte, a saber: Primeiro andar - Sala do Gobernador. Segundo andar - Sala dos Reis, con teito elíptico e fogón ornamentado con medias-esferas. Terceiro andar - Sala de Audiencias. Cuarto andar - Capela. Quinto andar - Plataforma da torre.
A nave do baluarte poligonal, ventilada por un claustrín, abre 16 canoneiras para tiro rasante de artillaría. O terraplén, gornecido por ameas, constitúe unha segunda liña de lume, nel atópase o santuario da "Nossa Senhora do Bom Sucesso" co Neno, tamén coñecida como a Virxe do Restelo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Descubrimentos Portugueses Lisboa Estilo Manuelino
Ligazóns externas Turo de Belém (SIPA / IHRU) Torre de São Vicente de Belém (IGESPAR) Tower of Belém (IGESPAR) Monastery of the Jerónimos and Tower of Belém in Lisbon (IGESPAR) Páxina da UNESCO sobre o Mosteiro dos Xerónimos e Torre de Belén
Categoría:Arquitectura de Lisboa Categoría:Monumentos nacionais de Portugal Categoría:Castelos de Portugal Categoría:Torres